Modelos para unha economía da cultura

Ciclo. Foro Pensar o mundo dende Galicia

Modelos para unha economía da cultura

Xoves, 9 de novembro de 2023
Santiago de Compostela
Ciclo
Foro Pensar o mundo dende Galicia

Modelos para unha economía da cultura

Xoves, 9 de novembro de 2023 Santiago de Compostela
Dende 1983 ata hoxe o Consello da Cultura Galega leva corenta anos promovendo o debate, a pescuda e a creación arredor de diversos eidos do saber, mais tamén sobre cuestións que atinxen aos problemas e inquedanzas da sociedade galega no pasado, no presente e no futuro. Froito diso foi un amplo elenco de congresos, debates, xornadas, publicacións e informes. Recollendo o legado do feito na súa historia, mais con proxección cara ao futuro, o Consello da Cultura Galega propón un foro de reflexión arredor de cuestións candentes no mundo actual, estruturado en oito xornadas con periodicidade mensual (de marzo a novembro de 2023) nas que se abordarán temáticas moi presentes nas actividades da institución, como a posverdade na información, a economía da cultura, os desafíos para o humanismo das novas tecnoloxías, a calidade da democracia, os retos presentes e futuros do feminismo, o papel do galego nunha sociedade multicultural, a sustentabilidade da economía global e o papel do patrimonio e da paisaxe. Máis de corenta personalidades do mundo cultural, científico e académico galego, ibérico e mundial daranse cita en Santiago de Compostela para reflexionar, debater e profundar na interpretación dos desafíos desta terceira década do século XXI, con vontade interdisciplinaria e dialogante. Dende Galicia, recollendo a tradición iniciada hai máis dun século pola Xeración Nós e polo Seminario de Estudos Galegos, aspiramos a repensar o mundo e a sermos unha célula de universalidade.

Modelos para unha economía da cultura

Nesta xornada debaterase sobre a diversidade de relacións existentes entre cultura e economía, resaltando que, aínda que con frecuencia se esqueza, o impacto económico é unha das dimensións máis destacadas dos fenómenos culturais. Trátase de ver os problemas, as oportunidades e os principais retos que derivan dese feito. Esa perspectiva de análise resulta de particular interese nun momento como o actual, que semella ser de profunda reinvención en moitos aspectos da vida social.
ASISTENCIA
A inscrición é gratuíta.
O número de prazas é limitado (100 persoas).
As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.
LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax: 981 957 205
MAÍS INFORMACIÓN
www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal
Ficha técnica
Ciclo.
Foro Pensar o mundo dende Galicia
Modelos para unha economía da cultura
Cando
Xoves, 9 de novembro de 2023
Onde
Santiago de Compostela
Enderezo

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax: 981 957 205

Coordinación
Xosé Carlos Arias
Participante
Diana Fernández Méndez
Pau Rausell
Marta Rey
Relator/a
Luis César Herrero
Josep Ramoneda
Organiza
Consello da Cultura Galega