Foro Pensar o mundo dende Galicia
Territorio, patrimonio e identidade
Xoves, 19 de outubro de 2023
Santiago de Compostela
Dende 1983 ata hoxe o Consello da Cultura Galega leva corenta anos promovendo o debate, a pescuda e a creación arredor de diversos eidos do saber, mais tamén sobre cuestións que atinxen aos problemas e inquedanzas da sociedade galega no pasado, no presente e no futuro. Froito diso foi un amplo elenco de congresos, debates, xornadas, publicacións e informes. Recollendo o legado do feito na súa historia, mais con proxección cara ao futuro, o Consello da Cultura Galega propón un foro de reflexión arredor de cuestións candentes no mundo actual, estruturado en oito xornadas con periodicidade mensual (de marzo a novembro de 2023) nas que se abordarán temáticas moi presentes nas actividades da institución, como a posverdade na información, a economía da cultura, os desafíos para o humanismo das novas tecnoloxías, a calidade da democracia, os retos presentes e futuros do feminismo, o papel do galego nunha sociedade multicultural, a sustentabilidade da economía global e o papel do patrimonio e da paisaxe. Máis de corenta personalidades do mundo cultural, científico e académico galego, ibérico e mundial daranse cita en Santiago de Compostela para reflexionar, debater e profundar na interpretación dos desafíos desta terceira década do século XXI, con vontade interdisciplinaria e dialogante. Dende Galicia, recollendo a tradición iniciada hai máis dun século pola Xeración Nós e polo Seminario de Estudos Galegos, aspiramos a repensar o mundo e a sermos unha célula de universalidade.
Territorio, patrimonio e identidade
O territorio, o patrimonio e a identidade son tres realidades que se fusionan na conformación cultural galega, cuxa conceptualización se vén complexizando nos últimos anos, motivada polo papel capital que o concepto holístico de paisaxe cobrou nas políticas patrimoniais. No territorio transcorren as relacións entre as sociedades, polo que é un documento produto delas. Un concepto oteriano que nos achega á complexidade paisaxística que fai realidade espacialmente a sociedade moderna líquida de Bauman. Mentres o patrimonio é pegada e memoria seleccionada, é tamén acervo conformado por procesos socioculturais de constitución da memoria, da identidade e da herdanza cultural. Nesta xornada afondaremos nestas tres realidades dende unha ollada interdisciplinaria, transversal e plural.
ASISTENCIA
A inscrición é gratuíta.
O número de prazas é limitado (100 persoas).
As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.
LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax: 981 957 205
MAÍS INFORMACIÓN
www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal
Ciclo Foro Pensar o mundo dende Galicia
Territorio, patrimonio e identidade
Xoves, 19 de outubro de 2023
Santiago de Compostela
Sesión da mañá
10:00 horas
Presentación
10:30 horas
Territorio e identidade galega dende unha perspectiva patrimonial
Teresa Táboas, arquitecta, membro do Consello da Unión Internacional de Arquitectos
11:30 horas
Pausa
12:00 horas
O papel dos territorios e as paisaxes na construción das identidades do futuro
Agustín Azkarate Garai-Olaun, arqueólogo, director da Cátedra Unesco de Paisajes Culturales y Patrimonio
13:00 horas
Debate con Teresa Táboas e Agustín Azkarate Garai-Olaun
Modera: Rebeca Blanco-Rotea, coordinadora da Sección de Patrimonio e Bens Culturais do CCG e desta xornada
14:00 horas
Fin da sesión da mañáSesión da tarde
17:00 horas
Mesa de debate
A construción do territorio como eixe das identidades patrimoniais nas sociedades líquidas contemporáneas
Modera: Rebeca Blanco-Rotea
- Valerià Paül Carril, xeógrafo, Universidade de Santiago de Compostela
- Álvaro Domingues, xeógrafo, Universidade do Porto
- Teresa Nieto, arquitecta, Sección de Patrimonio e Bens Culturais do CCG
19:30 horas
Peche da xornada
LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax: 981 957 205
MAÍS INFORMACIÓN
www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal
ASISTENCIA
A inscrición é gratuíta.
O número de prazas é limitado (100 persoas).
As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.