Historia, dixitalización e preservación de documentos sonoros

Xornada

Historia, dixitalización e preservación de documentos sonoros

Xoves, 30 de marzo de 2023
Santiago de Compostela
Xornada

Historia, dixitalización e preservación de documentos sonoros

Xoves, 30 de marzo de 2023 Santiago de Compostela
O Arquivo Sonoro de Galicia (ASG) do Consello da Cultura Galega céntrase, por primeira vez, en aspectos materiais ⸺físicos e químicos⸺ do patrimonio sonoro galego. Ata agora tratáronse contidos (música na emigración, música tradicional…) e xeitos de divulgación (mapas sonoros, industria discográfica…). Hoxe a mirada vai á orixe do son como elemento cultural e á súa preservación.

Primeiramente, abordamos a historia das gravacións sonoras: que, como e cando se empregaron os distintos materiais e cales son as técnicas que permitiron a fixación deste novo patrimonio, grazas aos continuos descubrimentos da física, a química e a sonoloxía. Un percorrido pola historia da tecnoloxía do son e da industria fonográfica ha de guiarnos a unha revalorización dos fondos do ASG. Para impartir este relatorio, contamos cunha das voces máis autorizadas: a investigadora lisboeta Susana Belchior; especializada no tratamento dos discos de lousa, vainos ser de grande axuda, xa que o noso arquivo dispón dunha colección composta por 714 exemplares de música galega.

Deseguido, centrámonos no tratamento técnico do son, na dixitalización e na restauración dos soportes sonoros ⸺tanto históricos como actuais⸺, na conservación e na preservación, na urxencia das migracións ante a obsolescencia dos soportes, nos aparellos lectores, nos programas informáticos… Esta segunda intervención corre a cargo de Jose M. Navia, director técnico de AudioVideoRestauracion Estudios, empresa destacada no territorio estatal e que traballa para senlleiros centros patrimoniais sonoros.

Finalmente, nunha mesa redonda, confrontaranse opinións e experiencias e intentarase resolver as posibles dúbidas que poida achegar o público presente referidas á fixación de prioridades na dixitalización, novos formatos documentais, aspectos ambientais para a conservación, tipos de restauración, preferencias de uso…

Esta xornada vai dirixida a un público amplo: profesionais de arquivos e bibliotecas dos ámbitos da música e a palabra, persoal investigador, compositores/as e intérpretes, así como as persoas que estean interesadas en conservar en óptimas condicións o patrimonio sonoro galego, universal.
ASISTENCIA
A inscrición é gratuíta.
O número de prazas é limitado (100 persoas).
As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.
LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax: 981 957 205
MAÍS INFORMACIÓN
www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal
Ficha técnica
Xornada.
Historia, dixitalización e preservación de documentos sonoros
Cando
Xoves, 30 de marzo de 2023
Onde
Santiago de Compostela
Enderezo

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax: 981 957 205

Coordinación
Alejo Amoedo
Modera
Cristina Pujales
Presenta
Xaime Estévez Vila
Relator/a
Susana Belchior
José M. Navia Rey
Organiza
Arquivo Sonoro de Galicia (CCG)
Consello da Cultura Galega

Imaxe da portada: Jose M. Navia