Recursos para a aprendizaxe da lingua, literatura e cultura galegas na educación secundaria
Cara a unha plataforma colaborativa
Mércores, 19 de abril de 2023
Santiago de Compostela
Existe un considerable número de recursos de aprendizaxe para o ensino da lingua, literatura e cultura galegas nas aulas de educación secundaria, tanto creados por docentes a nivel individual como por colectivos ou entidades. Non obstante, non hai ningún mecanismo nin plataforma que reúna, organice e difunda todo este material nin tampouco se dispón de análises sobre as súas características nin sobre as carencias existentes. Este encontro ten como principais obxectivos identificar os diferentes tipos de recursos de aprendizaxe dispoñibles, avaliar as dificultades de acceso a tales recursos, así como determinar as súas carencias e as mudanzas que serían precisas desde o punto de vista metodolóxico. Esta análise será un paso previo necesario para o deseño dun sistema ou plataforma aberta e colaborativa en que se compartan, clasifiquen e difundan recursos de apoio ás aulas de Lingua Galega e Literatura. No debate que seguirá ás presentacións, tratarase tamén a viabilidade desta plataforma, así como as características básicas que debería ter, relativas á súa manexabilidade, deseño, xestión e aloxamento.
Encontro
Recursos para a aprendizaxe da lingua, literatura e cultura galegas na educación secundaria
Cara a unha plataforma colaborativa
Mércores, 19 de abril de 2023
Santiago de Compostela
17:00 horas
Presentación
17:15 horas
Necesidade dun cambio metodolóxico na materia de Lingua Galega e Literatura en relación co proceso de normalización lingüística nas aulas de secundaria
Sofía Rama, profesora de Lingua e Literatura Galega de educación secundaria
17:45 horas
E se todo fose posible? Contidos para un repositorio de recursos para as aulas de Lingua e Literatura Galega
Pilar Ponte, profesora de Lingua e Literatura Galega de educación secundaria
18:15 horas
Mesa de debate entre relatoras e persoas convidadas
19:30 horas
Conclusións do encontro
LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n 15705
Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax.: 981 957 205
MAÍS INFORMACIÓN
www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal
Encontro
Recursos para a aprendizaxe da lingua, literatura e cultura galegas na educación secundaria
Cara a unha plataforma colaborativa
Mércores, 19 de abril de 2023
Santiago de Compostela
Solicita a túa inscrición
Recursos para a aprendizaxe da lingua, literatura e cultura galegas na educación secundaria
Cara a unha plataforma colaborativa
Encontro. Mércores, 19 de abril de 2023