Refuxiados, desprazados, exiliados: unha reflexión
Luns, 12 de xuño de 2023
Santiago de Compostela
Dende o comezo da guerra civil en Siria no 2011 e mais a invasión rusa de Ucraína no 2022, as vagas de persoas refuxiadas convertéronse nun protagonista habitual dos medios de comunicación. Porén, non se trata dun fenómeno recente, senón que os desprazamentos forzados de poboación acompañaron boa parte dos conflitos armados con anterioridade.
Esta xornada, na que participarán especialistas de diversas universidades europeas e americanas, abordará o fenómeno do exilio, do refuxio e das “persoas desprazadas” á forza no século XX, analizando as continuidades e descontinuidades entre as diversas vagas até chegar á época actual. Recolleranse as conclusións de varios proxectos de investigación, como So-Close (https://so-close.eu/), desenvolvido por varias universidades e centros de documentación europeos.
Xornada
Refuxiados, desprazados, exiliados: unha reflexión
Luns, 12 de xuño de 2023
Santiago de Compostela
Sesión da mañá
10:00 horas
Presentación
10:15 horas
Europa: unha visión dos desprazamentos forzados de poboación no longo século XX
Javier Rodrigo, Universitat Autònoma de Barcelona
11:00 horas
Exiliados e refuxiados na historia europea: continuidades e descontinuidades
Magda Fytili, Universitat Autònoma de Barcelona
11:45 horas
Pausa
12:15 horas
Refuxiados e migrantes: algunhas reflexións conceptuais
Fernando J. Devoto, Universidad Nacional de San Martín / Academia Nacional de la Historia, Bos Aires
13:00 horas
Debate
Sesión da tarde
16:30 horas
Refuxio e exilio, 1936-75: o caso galego
Xosé M. Núñez Seixas, USC / Arquivo da Emigración Galega (CCG)
17:15 horas
Refuxiados en Galicia no século XXI: mecanismos e iniciativas de acollida en contextos rurais e urbanos
Keina Espiñeira e Leticia Santaballa, Equipo de Investigación Sociedades en Movemento (ESOMI), Universidade da Coruña
18:00 horas
Debate e conclusións
LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n Ç
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax: 981 957 205
MAÍS INFORMACIÓN
www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal
ASISTENCIA
A inscrición é gratuíta.
O número de prazas é limitado (100 persoas).
As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.
Xornada
Refuxiados, desprazados, exiliados: unha reflexión
Luns, 12 de xuño de 2023
Santiago de Compostela
Solicita a túa inscrición
Refuxiados, desprazados, exiliados: unha reflexión
Xornada. Luns, 12 de xuño de 2023