Alberto Datas

Xornada. Revisando a nosa arte

Alberto Datas

Revisando a nosa arte

Pontevedra, 31 de maio de 2023 - 19:00 horas
Pontevedra
Xornada
Revisando a nosa arte

Alberto Datas

Revisando a nosa arte

Pontevedra, 31 de maio de 2023 - 19:00 horas Pontevedra
A asistencia é libre e gratuíta ata completar a capacidade da sala.

«Bacon e Gorky sintetizaban dalgunha maneira a problemática que eu tiña formulada: a realidade dura e lacerante que arrastramos os hispanos nas nosas entrañas e, por outra parte, un desexo ou necesidade biolóxica de romper os lazos e ataduras para libremente expresar a interioridade da alma».
Alberto Datas

Xenio expresionista, Alberto Datas (A Coruña, 1935 - Madrid, 2007) foi considerado como un dos máis importantes e influentes representantes da plástica galega do último século.

Reflectiu na súa obra unha maneira de sentir, de pensar(se), sempre fiel a si mesmo, aos seus ritmos e aos seus tempos, que o achegaron á vangarda europea e aos movementos do expresionismo abstracto americano, sen bailar ao son de tendencias ou modas. Non obstante, influencias como Bacon, Gorky, Basquiat e Pollock preséntanse latentes nas súas obras e debuxan un artista que deconstruía o que vía ao seu redor, para construír a través da expresión máis primixenia. Figura independente e cun espírito investigador e rebelde, mantivo as súas linguaxes experimentais nas marxes, sempre fuxindo do imposto ou establecido e habitando en certos momentos a descontinuidade creativa. Con todo, a pesar desas luces e sombras que caracterizan a xenialidade, a súa figura é ineludible se falamos da gran renovación e revolución na arte galega nos anos oitenta, dende o miolo de Atlántica.

Nesta xornada, achegarémonos ao seu imaxinario e á súa vida, mais tamén a unha intensa traxectoria, chea de creatividade e de exposicións en todo o mundo, representando na súa obra a condición humana, a natureza e a crise da nosa civilización dende un imaxinario tan persoal como universal. Unha pintura permeable ao momento que lle tocou vivir, pois incorpora a colaxe e o graffiti á súa plástica, onde o xesto, a cor e a materia foron sempre protagonistas.
Ficha técnica
Xornada.
Revisando a nosa arte
Alberto Datas
Revisando a nosa arte
Data
Pontevedra, 31 de maio de 2023 - 19:00 horas
Lugar

Casa das Campás
Rúa Don Filiberto, 9
36002 Pontevedra

Coordinación
Paula Cabaleiro
Relator/a
Marisa Marimón
Alberto Ruíz de Samaniego
Xavier Seoane
Colabora
Vicerreitoría do Campus de Pontevedra
Organiza
Consello da Cultura Galega
Sección de Creación e Artes Visuais Contemporáneas (CCG)

Imaxe da portada: Alberto Datas, Sen título (1979), 65x54 cm, óleo sobre tea. Colección de Arte Afundación