Ciclo Pensarmos
Xosé Ramón Veiga Alonso
O máis difícil é aceptar a derrota: Pluralismo político, participación e democracia no século XIX
Xoves, 28 de setembro de 2023
Santiago de Compostela
18:00 horas
Presentación
18:15 horas
O máis difícil é aceptar a derrota: Pluralismo político, participación e democracia no século XIX
Xosé Ramón Veiga Alonso dialoga con Ana Isabel García Arias
Xosé Ramón Veiga Alonso
Doutor en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) e premio extraordinario (1998) coa tese O conde de Pallares e o seu tempo, 1828-1908. Política, ferrocarrís e agrarismo en Galiza, dirixida por Xosé Ramón Barreiro Fernández. Na actualidade é profesor titular do Departamento de Historia Contemporánea e de América da USC e imparte docencia na Facultade de Formación do Profesorado de Lugo.
As súas liñas de investigación son a historia política e a historia agraria, centradas na historia de España e de Galicia do século XIX. Na liña de historia política interesouse pola aproximación ao proceso de nacionalización española en Galicia. Así, analizou a politización liberal, a socialización da política e o desenvolvemento dunha cultura política liberal entre finais do século XVIII e 1874, con aproximacións específicas, como á milicia nacional nas súas diferentes presentacións, aos procesos electorais, á definición dunha cultura política conservadora ou ao papel desempeñado por Juana de Vega, condesa de Espoz y Mina, icona de muller política progresista.
As súas últimas publicacións son: Juana de Vega, condesa de Espoz y Mina (1805-1782). Facer no século(Galaxia, 2022); «Algo nuevo bajo el sol. Política y politización en los albores de la contemporaneidad (Galicia, 1766-1823). Una visión panorámica», Historia y Política, 46 (2021), pp. 87-118; «La Milicia Nacional en España (1820-1856)», Claves. Revista de Historia, 11 (Uruguai, 2020), pp. 203-240; «Poderes locales y construcción del Estado en el siglo XIX, 1808-1874», Ayer. Revista de Historia Contemporánea, 108 (2017), pp. 285-302, e Poder e política na Galiza vilega, 1790-1833. Provincias de Lugo e Mondoñedo (Edicións Bolanda, 2017).
Ana Isabel García Arias
Doutora en Ciencias Económicas, é titular na Área de Economía, Socioloxía e Política Agraria da Universidade de Santiago de Compostela. Na súa disciplina traballou na avaliación de políticas agroambientais e de desenvolvemento rural, así como na identificación de servizos ecosistémicos. É autora de máis de corenta publicacións científicas. Pertence á Sección de Pensamento do Consello da Cultura Galega dende 2022.
LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax: 981 957 205
MAÍS INFORMACIÓN
www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal
ASISTENCIA
A inscrición é gratuíta.
O número de prazas é limitado (100 persoas).
As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.