De O Bufón d’El Rei a O porco de pé

Xornada

De O Bufón d’El Rei a O porco de pé

O teatro galego en perspectiva

Sábado, 30 de setembro de 2023
Allariz
Xornada

De O Bufón d’El Rei a O porco de pé

O teatro galego en perspectiva

Sábado, 30 de setembro de 2023 Allariz
Case cen anos pasaron desde que se publicou O bufón d’El Rei (1928) ata que no ano 2022 se estreou a versión dramática de O porco de pé a cargo de Producións Teatrais Excéntricas. Aínda que parte deses anos foron na dura noite que o fascismo verteu sobre a xente e a cultura do noso país, fomos quen de manter viva a arte escénica no seu sentido máis amplo e diverso, desde os contos nas casas e nas tabernas ata os espectáculos merecedores da atención e recoñecemento do público e os premios.

O teatro é unha fonte de ilusión, de evasión, mais tamén de formación de conciencia. Esta xornada pretende abordar o teatro galego desde o punto de vista da escena —partindo, como é lóxico, da dramaturxia— e analizar desde o esforzo da xente do Grupo Nós por crear un teatro galego en galego (Risco, Castelao, Otero, Cabanillas…), necesario para normalizar a cultura do país, ata as vizosas fontes de creación actual e a proxección cara ao futuro.

Sabemos que é precisa máis dunha xornada para abordar case un século de traballo, de miles de vidas dedicadas á linda arte da representación, por iso esperamos que esta iniciativa sirva como un elo na cadea de pensármonos desde o teatro, e que alguén continúe con outros enfoques posibles que fagan máis rico este exercicio de memoria e recoñecemento ás protagonistas que nos proxecte cara a un futuro cheo da luz da ilusión.
Ficha técnica
Xornada.
De O Bufón d’El Rei a O porco de pé
O teatro galego en perspectiva
Data
Sábado, 30 de setembro de 2023
Lugar

Fundación Vicente Risco
Rúa San Lourenzo, nº 3
32660 Allariz

Coordinación
Nate Borrajo
Xosé Rodríguez Díaz
Organiza
Consello da Cultura Galega
Fundación Vicente Risco

Imaxe da portada: Imaxe de Adrián Diz Cid de VisualQ a partir dun debuxo orixinal de Vicente Risco, inspirado na escenografía dunha obra de Bertolt Brecht, e do cartel da adaptación teatral de O porco de pé de Javier de la Rosa, de Milicia Gráfica.