Gordofobia

Xornada

Gordofobia

22 de setembro de 2023
Santiago de Compostela
Xornada

Gordofobia

22 de setembro de 2023 Santiago de Compostela
Somos corpo. Somos corpos que desenvolvemos a capacidade de pensar e razoar como unha parte desa materialidade que nos configura. Somos corpos diversos. Son tantas as nosas diferenzas que é imposible falar desde calquera normatividade. A medicina, a publicidade ou a moda son discursos poderosos que tentan procurar unha norma, un canon que, en ocasións, mutila e produce dor.

Sobre esa dor que padecen en maior medida as mulleres, a discriminación por gordofobia e a violencia estética pivota esta xornada, froito da colaboración entre o Consello da Cultura Galega e a Valedora do Pobo. Neste encontro, como xa ocorreu en edicións anteriores, presentamos un tema de actualidade e que moitas persoas sofren como unha vulneración dos seus dereitos. De aí a pertinencia do traballo conxunto entre estas dúas institucións do noso país que propoñemos un debate aberto e plural. Un debate para profundar sobre o dano dos prexuízos estéticos corporais e camiñar na promoción dunha vida saudable máis alá das modas ou os estereotipos patriarcais de beleza.

Agardamos que temas tan importantes como a obesidade e a gordofobia sexan do voso interese e, asemade, que poidan contribuír á promoción de políticas públicas máis inclusivas e co seu foco na saúde e o benestar das persoas.
Ficha técnica
Xornada.
Gordofobia
Data
22 de setembro de 2023
Lugar

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax: 981 957 205

Coordinación
Carme Adán Villamarín
María Xosé Porteiro García
Ámbito
Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos (CCG)
Organiza
Consello da Cultura Galega
Valedora do Pobo