O Seminario de Estudos Galegos e as institucións de alta cultura do seu tempo
Martes, 24 de outubro de 2023
Santiago de Compostela
O Seminario de Estudos Galegos (SEG) foi fundado en outubro de 1923, por iniciativa de nove escolantes universitarios, co amparo dos profesores da Minerva compostelá e dos mestres da Xxeración Nós. A repercusión do SEG en Galicia foi inmensa e deixou un legado de traballo científico e de compromiso coa cultura e a lingua galegas.
Con motivo do seu centenario, alén de moitas outras actividades, terá lugar no Consello da Cultura Galega unha sesión de estudo en clave comparada, analizando o significado e relevancia do SEG en relación con outras institucións de alta cultura da Península Ibérica, como o Institut d’Estudis Catalans (Barcelona, 1907), a Eusko Ikaskuntza-Sociedad de Estudos Vascos (San Sebastián, 1918), ou o Centro de Estudos Históricos (Madrid, 1910), promovido pola Junta para Ampliación de Estudios (JAE). A estes centros españois engádese, pola estreita relación que o SEG tivo con Portugal e a súa cultura, o caso da Sociedade Martins Sarmento, fundada en Guimarães (1881) en honor do arqueólogo e erudito que lle dá nome.
Todos estes centros de alta cultura comparten a condición de ser complemento ou alternativa de institucións xa existentes (academias, universidades) e caracterízanse por desenvolveren programas de investigación e de difusión da ciencia e da cultura, como era común nos centros de altos estudos ou seminarios creados desde finais do século XIX en toda Europa, nomeadamente en Alemaña, o Reino Unido e Francia, que foron os espellos no que se miraron os promotores das institucións ibéricas.
As tres institucións españolas tiveron un percurso histórico análogo no seu nacemento e evolución ata a guerra civil, pero tamén padeceron procesos semellantes a partir de 1939, coa súa extinción oficial ou, nos casos do SEG e dae JAE, a súa substitución por parte da nova institución creada en 1939, o Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC). Este final tamén permite unha análise comparada, así como a súa diferente restauración ou prolongación en tempos democráticos.
Xornada
O Seminario de Estudos Galegos e as institucións de alta cultura do seu tempo
Martes, 24 de outubro de 2023
Santiago de Compostela
Sesión de mañá
9:45 horas
Inauguración
10:00 horas
Martins Sarmento, um pioneiro da investigação arqueolóxica e etnográfica
Antero Ferreira, presidente da Direção da Sociedade Martins Sarmento, (Guimarães)
11:00 horas
O lugar do Seminario de Estudos Galegos, dentro e fóra de Galicia
Ramón Villares, profesor emérito da Universidade de Santiago de Compostela
12:00 horas
Pausa
12:30 horas
Entre política y cultura , buscando un equilibrio. La Sociedad de Estudios Vascos-Eusko Ikaskuntza (1918-1936)
Idoia Estornés, historiadora e redactora da enciclopedia Auñamendi
Sesión de tarde
16:30 horas
Entre la convivencia y la competencia: academias, universidad e Institut d’Estudis Catalans
Borja de Riquer, profesor honorario e catedrático emérito de Historia Contemporánea da Universitat Autònoma de Barcelona.
17:30 horas
El patriotismo liberal: la JAE y el Centro de Estudios Históricos
Javier Moreno Luzón, catedrático de Historia das Ideas e do Pensamento Político, Universidad Complutense de Madrid
18:30 horas
Debate xeral
LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax: 981 957 205
MAÍS INFORMACIÓN
www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal
ASISTENCIA
A inscrición é gratuíta.
O número de prazas é limitado (100 persoas).
As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.
Xornada
O Seminario de Estudos Galegos e as institucións de alta cultura do seu tempo
Martes, 24 de outubro de 2023
Santiago de Compostela
Solicita a túa inscrición
O Seminario de Estudos Galegos e as institucións de alta cultura do seu tempo
Xornada. Martes, 24 de outubro de 2023