Concerto
Catro visións contemporáneas sobre as cantigas de Martín Codax
Xoves, 5 de outubro de 2023 ás 19:30 horas
Redondela
5 de outubro de 2023
19:30 horas
AS SETE CANTIGAS DE AMIGO DE MARTIN CODAX REVISITADAS POR CATRO AUTORES CONTEMPORÁNEOS
I. Ondas do mar de Vigo
II. Mandad´ei comigo
III. Mia irmana fremosa
IV. Ai Deus, se sab´ora meu amigo
V. Quantas sabedes amar amigo
VI. E no sagrado, en Vigo
VII. Ai ondas que eu vin ver
1. Versión compositor: Mario Diz
Nuria Lorenzo, mezzosoprano
Alejo Amoedo, pianista
2. Versión compositora: Gloria Rodríguez Gil
Nuria Lorenzo, mezzosoprano
Alejo Amoedo, pianista
3. Versión compositor: Arsenio Keilin
Arsenio Keilin, tenor
María Keilin, pianista
4. Versión compositora: María Mendoza
Nuria Lorenzo, mezzosoprano
María Mendoza, pianistaCURRÍCULOS
Nuria Lorenzo, mezzosoprano
Titulada superior en Canto polo Conservatorio Superior de Música de Vigo e catedrática de Canto no Conservatorio Superior de Música de Málaga, asistiu a clases maxistrais da mezzosoprano Helga Müeller -Mollinari en Verona, Italia.
Foi galardoada co «Medalla de Galega Destacada 2014» en recoñecemento á súa traxectoria profesional. Gañadora do 2.º Premio Nacional de España no concurso Juventudes Musicales; 1.º Premio de Galicia no concurso Música Xove; 1.º Premio á Excelencia Musical na Coruña e o 1.º Premio á Interpretación Musical en Vigo. Foi bolseira pola Universidade de Saint Louis (EUA) para estudar interpretación da canción española.
Gravou o CD titulado Lembrándote e (di) Versos Femeninos (RDC, 2022), este último co pianista Alejo Amoedo e a música de Juan Durán.
Alejo Amoedo, pianista
Pertence ao Corpo de Catedráticos de Música e Artes Escénicas con destino no CSMVigo. Dos seus traballos discográficos destacan o triplo CD Antoloxía de Compositores Galegos (Ouvirmos, 2013), co clarinetista Asterio Leiva; Evocación (Dos Acordes, 2016), coa obra para piano só de Reveriano Soutullo; e o máis recente, (di) Versos Femeninos (RDC, 2022), coa mezzosoprano Nuria Lorenzo e a música de Juan Durán, producido por Antonio Cid. Dende 2022 é coordinador do Arquivo Sonoro de Galicia. Foi galardoado co Premio da Crítica de Galicia (2021) e co Premio da Música Gregorio Baudot (2022).Arsenio Keilin, tenor
Arsenio Keilin (A Coruña, 2003) comezou os seus estudos de piano coa súa nai, María Keilin, e os de violonchelo co seu pai, Iliá Keilin. Nos anos 2014 e 2015 participou no Concurso de Corda Cidade de Vigo e gañou os segundos premios na categoría de ata os doce anos de idade. Desde 2012 ata 2018 foi membro da Orquestra Infantil da Sinfónica de Galicia. En 2019 rematou os estudos no Conservatorio Profesional da Coruña nas especialidades de piano e violonchelo. Desde 2022 é membro da Asociación Galega de Compositores. Na actualidade exerce de pianista acompañante na Escola Municipal de Danza da Coruña. No 2023 obtén o título superior de violoncello.
María Keilin, pianista
Á idade de seis anos, a súa nai (tamén pianista) iníciaa no estudo do piano. Aos dezanove anos, participou no concurso de piano de Kaliningrado (Rusia), no que obtén o primeiro premio. En 1988 comeza a súa actividade profesional; a partir de entón realiza concertos como solista e constitúe conxuntos de música de cámara con outros músicos. Desde 1992 forma parte do dúo ARABESQUE. Na actualidade é pianista no Conservatorio de Danza da Deputación Provincial da Coruña.María Mendoza, pianista
María Mendoza (Oviedo, 1975) está afincada en Galicia desde 2002. É pianista, compositora e docente e forma parte da Asociación Galega de Compositores. A súa obra foi interpretada tanto nacional como internacionalmente. É compositora para series e curtas de animación emitidas e premiadas en todo o mundo e tamén compuxo o repertorio da gala dos XXI Premios Mestre Mateo (2023). Foi galardoada en varios concursos nacionais e internacionais. Os seus discos, Intro (2016),Nova (2017) e Cronos (2020), editados pola discográfica Arteficción, poden escoitarse en todas as plataformas dixitais e nos seus concertos en directo.
LUGAR
Auditorio do Multiúsos da Xunqueira
Redondela
MAÍS INFORMACIÓN
www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal
ASISTENCIA
A retirada de entradas pode realizarse o mesmo día do concerto a partir das 16:00 horas no despacho de billetes do Multiúsos da Xunqueira de Redondela.
Entrada libre e gratuíta ata completar a capacidade da sala.
Máximo 4 entradas por persoa.