De pioneiras e andainas
MARTA BOBO Mulleres e deporte: a paixón por defender o noso
De pioneiras e andainas
Xoves, 26 de outubro de 2023
Santiago de Compostela
Marta Bobo Arce, ximnasta. Muller galega deportista. Chegou ao máis alto da competición olímpica e segue a ser un referente para as mozas. Na actualidade exerce como xuíza internacional, como investigadora e como integrante da Comisión de Educación da Academia da Federación Internacional de Ximnasia. É adestradora e coreógrafa. Muller comprometida co deporte e o feminismo. Comprometida coa súa terra e a igualdade no deporte. Unha pioneira no deporte e na investigación.
Nesta xornada propomos revisar décadas de loita das mulleres polo recoñecemento no mundo do deporte, mais ollando tamén aos retos de futuro. Para este obxectivo estaremos acompañadas por deportistas novas que, grazas aos moitos camiños abertos, seguen eliminando obstáculos e denunciando o acoso e a persecución que viven no mundo deportivo. Tamén poderemos gozar da experiencia de persoas que compartiron os tempos de adestramento e logros deportivos con Marta Bobo.
No deporte, como noutros espazos, as mulleres non comezan de cero. Hai moitas que as precederon e que deben ser recoñecidas polo seu legado individual e colectivo. Marta Bobo é unha das pioneiras. Unha muller que nos acompaña nas andainas da vida e grazas a quen o futuro da ximnasia e o deporte é, sabémolo, máis igualitario.
ASISTENCIA
A inscrición é gratuíta.
O número de prazas é limitado (100 persoas).
As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.
LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax: 981 957 205
MAÍS INFORMACIÓN
www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal
Xornada De pioneiras e andainas
MARTA BOBO Mulleres e deporte: a paixón por defender o noso
De pioneiras e andainas
Xoves, 26 de outubro de 2023
Santiago de Compostela
Sesión da mañá
9:30 horas
Presentación
Rosario Álvarez, presidenta do CCG
Carme Adán, coordinadora da xornada
Sesión científica
LOGROS DEPORTIVOS E DEREITOS DAS MULLERES: UN CAMIÑO DE ESFORZO
10:00 horas
Mulleres nos Xogos Olímpicos
Merce Barrientos, presidenta de MUDEGA, docente de ensino secundario e licenciada en Educación Física
Presenta: Carme Adán, coordinadora do Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos
11:00 horas
Presentación da Cartografía de Marta Bobo Arce
Mariám Mariño Costales, técnica do Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos
11:30 horas
Pausa12:00 horas
A visión das mozas no deporte
Presenta e modera: Claudia López López, redactora de deportes en Blandes Comunicación, mestrado en Periodismo e Comunicación Deportiva e doutoranda e graduada en Ciencias do Deporte na Universidade da Coruña
As mulleres no fútbol
Raquel Béjar Castro, unha das dúas primeiras xogadoras con contrato profesional do Deportivo de La Coruña e graduada en Ciencias do Deporte
As mulleres na ximnasia
Candela Martínez Bobo, medalla de ouro en cinta e de bronce en mazas na categoría sénior do Campionato de España de Ximnasia Rítmica 2022
As mulleres na competición
Laura Santos Iglesias, subcampioa de España de bádminton e medalla de prata por equipos no Campionato de Europa 2023. Graduada en Ciencias do Deporte
As mulleres no alto rendemento
Sofía Toro Prieto-Puga, medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de Londres 2012 na clase Elliott 6m de vela e no Campionato Europeo desta modalidade en 2011. Campioa mundial da Match Race de 2013. Actualmente xerente do Clúster Galego da Industria do Deporte. Graduada en Ciencias do DeporteSesión da tarde
MEMORIA E DEREITOS DAS MULLERES NO DEPORTE
17:00 horas
Silvia Carregal Martínez, xornalista e directora de As Nosas, xornal do deporte feminino galego, conversa con Marta Bobo Arce
18:00 horas
Experiencia vivida e afectos
Presenta e modera: Héctor Pena, xornalista e historiador
Aurora Martínez Vidal, primeira adestradora de Marta Bobo. Introduciu a ximnasia rítmica en Galicia e tivo un papel relevante na Federación Galega de Ximnasia. Doutora, directora de departamento e profesora xubilada da UVigo
Sonia Conde, adestradora de ximnasia rítmica, ex-ximnasta da Selección Española e compañeira en Madrid de Marta Bobo
Alberto Oro, compañeiro de Marta Bobo na Facultade de Ciencias do Deporte da UDC até a súa xubilación, médico de formación e escultor
19:15 horas
Clausura e performance deportiva
LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax: 981 957 205
MAÍS INFORMACIÓN
www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal
ASISTENCIA
A inscrición é gratuíta.
O número de prazas é limitado (100 persoas).
As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.