Alén da Construción. Como habitarmos o rural

Encontro. Encontros Monográficos co Patrimonio Cultural

Alén da Construción. Como habitarmos o rural

Encontros Monográficos co Patrimonio Cultural 42

2 de outubro de 2023
Santiago de Compostela
Encontro
Encontros Monográficos co Patrimonio Cultural

Alén da Construción. Como habitarmos o rural

Encontros Monográficos co Patrimonio Cultural 42

2 de outubro de 2023 Santiago de Compostela
Os Encontros Monográficos co Patrimonio Cultural son unha iniciativa levada a cabo pola Sección de Patrimonio e Bens Culturais do CCG que comezou en novembro de 2015. Teñen como obxectivo xerar un espazo de difusión, debate, encontro e coñecemento arredor de diferentes proxectos que afectan ao patrimonio cultural, en xeral, e que moitas veces non chegan a un público amplo por diferentes motivos. Os encontros acollen a calquera persoa que se queira achegar a este espazo, ben sexa un profesional da xestión do patrimonio ou da cultura, unha investigadora ou investigador ou calquera axente social que teña interese polo patrimonio e polo debate sobre el. Os protagonistas dos encontros son, así, sempre o elemento patrimonial, o intercambio e a reflexión. Os encontros focalizáronse ata o de agora en proxectos de arqueoloxía, rehabilitación, arquitectura, historia da arte ou mesmo enfoques interdisciplinarios, pero tamén na xestión patrimonial, na divulgación do patrimonio, na participación cidadá e incluso no conflito patrimonial. En patrimonios esquecidos e vivos, materiais e inmateriais, amigables ou conflitivos. Nas políticas patrimoniais, nos encontros e desencontros.
Coincidindo co Día Mundial do Hábitat, que na edición deste ano destaca a importancia da resiliencia, o encontro que organizamos nesta ocasión achégase ao contexto rural propoñendo explorar a intersección crítica entre a arquitectura e a preservación do patrimonio cultural propio. Saliéntase a necesidade dunha integración coherente das peculiaridades culturais locais no proceso de construción de espazos comunitarios novos, asegurando ao mesmo tempo o respecto pola contorna natural circundante. Ademais, a xornada analizará o papel desempeñado pola iniciativa New European Bauhaus na promoción da cultura e o legado patrimonial nestas contornas, á vez que abordará os desafíos e posibilidades inherentes á conservación do patrimonio arquitectónico desde unha perspectiva máis sostible e ética, considerando a riqueza cultural como un elemento integral para a cohesión, integración e revitalización dos territorios rurais.
O encontro preséntase no contexto de colaboración entre o Consello da Cultura Galega e a área de arte da Fundación María José Jove e cuxo obxectivo principal é xerar iniciativas que contribúan á análise e promoción do patrimonio cultural e natural de Galicia.
Así, este EMPC ten como obxectivo xeral explorar o binomio arquitectura/ámbito rural, xunto con algunhas intervencións dirixidas a poñer en valor o territorio e o patrimonio cultural, e, como obxectivos específicos, os seguintes: analizar a importancia do patrimonio arquitectónico no desenvolvemento e preservación das comunidades rurais, indagar o papel da New European Bauhaus na promoción da cultura e o patrimonio no ámbito rural e identificar os desafíos e oportunidades na preservación do patrimonio arquitectónico en zonas rurais.
ASISTENCIA
A inscrición é gratuíta.
O número de prazas é limitado (100 persoas).
As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.
LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax: 981 957 205
MAÍS INFORMACIÓN
www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal
Ficha técnica
Encontro.
Encontros Monográficos co Patrimonio Cultural
Alén da Construción. Como habitarmos o rural
Encontros Monográficos co Patrimonio Cultural 42
Cando
2 de outubro de 2023
Onde
Santiago de Compostela
Enderezo

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax: 981 957 205

Coordinación
Rebeca Blanco-Rotea
Susana González
Agar Ledo
Organiza
Consello da Cultura Galega
Fundación María José Jove
Sección de Patrimonio e Bens Culturais (CCG)