Museos pospandemia. Para que(n)?

Xornada

Museos pospandemia. Para que(n)?

10 de novembro de 2023
Santiago de Compostela
Xornada

Museos pospandemia. Para que(n)?

10 de novembro de 2023 Santiago de Compostela
Partindo da definición do Consello Internacional de Museos (ICOM), aprobada o 24 de agosto de 2022 na asemblea que se realizou en Praga no marco da 26ª Conferencia Xeral, na que se di que, «[…] abertos ao público, accesibles e inclusivos, os museos fomentan a diversidade e a sustentabilidade. Coa participación das comunidades, os museos operan e comunican ética e profesionalmente, ofrecendo experiencias variadas para a educación, o gozo, a reflexión e o intercambio de coñecementos», constatamos que quedan enunciados os obxectivos de funcionamento do museo co fin de trasladar ao público o caudal cultural que custodia.
En todo caso, os cambios e transformacións sociais que tiveron lugar a causa da pandemia da Covid-19 e o confinamento levaron a sociedade a un período de dúbidas, de incertezas, de altos e baixos; aspectos que, en certo xeito, se trasladaron ao museo. Así mesmo, Andreas Huyssen fala da actual «aceleración da historia e a cultura», que provoca unha obsolescencia cada vez máis rápida de obxectos e fenómenos, pero tamén sinala que a sociedade moderna necesita do museo.
Polo tanto, se cuestionamos o «para que» dun museo en 2023, estamos a debater sobre as súas funcións e a xustificación delas —entre outras, o servizo ao público, á comunidade e á sociedade como destinataria da súa misión— e tamén sobre as incesantes transformacións sociais destes últimos anos.
Por outra banda, nunca houbo tanta preocupación polo público como a que hai nos nosos días; ademais, a irrupción das novas tecnoloxías e a aparición dos smartphones transformaron completamente a relación entre o museo e os seus visitantes e seguidores.
É obvio que o museo debe dirixirse a todo tipo de público e que segue a atender o visitante presencial —tradicional—, pero é indiscutible tamén que ten que estar presente no mundo dixital e dirixirse a un tipo de visitantes/usuarios cuxas demandas e expectativas son diferentes.
É innegable que as redes sociais supuxeron a eliminación das barreiras físicas e que son unha excelente ferramenta de comunicación; non só permiten difundir todo tipo de información —guías interactivas, percorridos, pezas etc.— e xerar novos contidos, senón que tamén informan ao museo sobre o calado e aceptación da súa mensaxe, a comprensión da súa linguaxe ou os intereses e opinións dos seus simpatizantes.
En definitiva, se tentamos responder ao «para quen?», poderiamos dicir que o gran reto do museo actual é aprender a relacionarse cun público diverso nunha sociedade en continuo movemento.
ASISTENCIA
A inscrición é gratuíta.
O número de prazas é limitado (100 persoas).
As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.
LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax: 981 957 205
MAÍS INFORMACIÓN
www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal
Ficha técnica
Xornada.
Museos pospandemia. Para que(n)?
Cando
10 de novembro de 2023
Onde
Santiago de Compostela
Enderezo

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax: 981 957 205

Presenta
Felipe Arias
Bieito Pérez Outeiriño
Relator/a
José María Álvarez Martínez
Dolores Álvarez Rodríguez
José Mª Candela Guillén
Esperanza Gigirey Liste
Bernardo Pajares Duro
Ángeles Penas Truque
Manuel Vilar
Ramón Yzquierdo Peiró
Organiza
Consello da Cultura Galega
Consello Galego de Museos