Formas de violencia de xénero
Que é «si»? Sobre o acoso sexual
28 de novembro de 2023
Santiago de Compostela
O Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos (CDIF) do Consello da Cultura Galega organiza, desde 2017, unha xornada anual arredor da cuestión da violencia machista e as súas diferentes manifestacións. Baixo a epígrafe xeral «Formas de violencia de xénero», ao longo destes anos fóronse debullando aspectos fulcrais para poder recoñecer a violencia que sofren as mulleres por ser mulleres e actuar para a súa erradicación.
Desde as primeiras xornadas, centradas na ciberviolencia, transitamos por temas tan importantes como o patriarcado na xustiza, a violencia sexual ou a violencia institucional. Nesta edición de 2023 propoñemos unha reflexión sobre o «acoso sexual», unha realidade presente en todos os ámbitos da vida das mulleres desde a súa infancia. Poder ver e recoñecer o acoso sexual é necesario para a súa denuncia posterior. Do mesmo xeito, afondar na noción de consentimento e as súas implicacións lexislativas implica un cambio de paradigma epistémico e de abordaxe global da mesma noción de violencia.
Na sesión da tarde, o CDIF, en colaboración coa Sección de Artes Escénicas, Musicais e Audiovisuais, propón abordar de xeito monográfico o acoso sexual no mundo da escena. Este enfoque pretende ser un instrumento óptico para observar diferentes situacións e vivencias denunciadas e que requiren ser entendidas no marco global de todos os espazos da vida. Desde a reflexión e a experiencia compartida, desexamos contribuír a construír un mundo sen violencias machistas. O acoso sexual e todas as súas formas de manifestarse é un dos mecanismos máis fortes do patriarcado para impedir ese mundo libre.
ASISTENCIA
A inscrición é gratuíta.
O número de prazas é limitado (50 persoas).
As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.
LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax: 981 957 205
MAÍS INFORMACIÓN
www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal
Xornada Formas de violencia de xénero
Que é «si»? Sobre o acoso sexual
28 de novembro de 2023
Santiago de Compostela
Sesión da mañá:
Denunciar e pensar o acoso sexual
10:00 horas
Inauguración
Rosario Álvarez, presidenta do Consello da Cultura Galega
Carme Adán, coordinadora do Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos
Cristina Domínguez, coordinadora da Sección de Artes Escénicas, Musicais e Audiovisuais
10:15 horas
Sobre o consentimento
Clara Serra, investigadora e pensadora feminista
Presenta: Carme Adán, coordinadora do CDIF
11:15 horas
#Acabouse, a denuncia xeneralizada do acoso sexual
Cristina Fallarás, escritora e xornalista
Presenta: Luz Darriba, integrante do CDIF
12:15 horas
Pausa
12:30 horas
#PrimAcoso: unha iniciativa pioneira en Galicia
Rosa Campos, directora/psicologa do CIM do Concello de Pontevedra
Presenta: Montse Fajardo, integrante do CDIF
Sesión da tarde
O acoso sexual na escena
16:30 horas
Marta Pérez, actriz e directora de Inversa Teatro
Laura Míguez Escudero, profesora na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia e actriz
Presenta: Inma López Silva, integrante do CDIF
17:30 horas
Proxección de El sostre groc (O teito amarelo), documental de Isabel Coixet
19:00 horas
Coloquio sobre o documental
Interveñen as dúas protagonistas, Sonia Palau e Violeta Porta (videoconferencia)
Presenta: Cristina Domínguez, coordinadora da Sección de Artes Escénicas, Musicais e Audiovisuais
20:00 horas
Clausura
LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax: 981 957 205
MAÍS INFORMACIÓN
www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal
ASISTENCIA
A inscrición é gratuíta.
O número de prazas é limitado (50 persoas).
As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.