O pobo canta: o pensamento político de Pier Paolo Pasolini
Martes, 7 de novembro de 2023
Ourense
«A liberdade non ten voz para o pobo. E o pobo canta» é un dos versos do poema «O canto popular», que resume unha parte esencial do pensamento político de Pasolini, que queremos analizar, máis de cen anos despois do seu nacemento (Boloña, 5/3/1922) e a corenta e oito anos do seu asasinato (Roma, 2/11/1975).
«O canto popular» remata con esta estrofa que recolle moitos dos elementos da reflexión política pasoliniana:
Na túa inconsciencia está a consciencia
que de ti a Historia desexa, esta Historia
en que o Home non ten máis violencia
que a da memoria, non da memoria libre…
E quizais xa non existe outra saída
que a de dar á súa ansia de xustiza
a forza da túa felicidade,
e á luz dun tempo que comeza
a luz de quen é o que non sabe.
A liberdade, a violencia, a memoria, a xustiza, a felicidade, o poder… son conceptos que formaron parte das reflexións de Pasolini na súa obra literaria, cinematográfica, poética e xornalística. Son cuestións que continúan (pre)ocupándonos e sobre as que o seu pensamento aínda enriquece os debates coas súas lúcidas análises cheas de matices e sen concesións.
Por iso esta xornada pretende contribuír a espallar o coñecemento sobre o pensamento político de Pasolini, que goza dunha sorprendente actualidade, ao mesmo tempo que introducir novos enfoques á hora de enfrontarse á súa obra.
Oito meses antes do seu asasinato publicou un artigo no Corriere della Sera co título «Non ter medo de ter un corazón». Nel transcribe a intervención dun dos protagonistas do que foi o seu seguinte filme, Salò ou os cento vinte días de Sodoma: «Nunha sociedade en que todo está prohibido, todo pode ser feito; nunha sociedade en que só se permite unha opción, só iso se pode facer». A sociedade permisiva só necesita consumidores, afirma Pasolini.
Eses son os camiños que continuamos percorrendo desde a morte de Pasolini —individualismo, cultura de masas, consumismo...— e que analizaremos nesta xornada desde a súa diversa e profunda obra.
ASISTENCIA
A inscrición é gratuíta.
O número de prazas é limitado.
As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.
LUGAR
Centro Cultural Marcos Valcárcel
Rúa do Progreso, 30
32003 Ourense
MAÍS INFORMACIÓN
www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal
Xornada
O pobo canta: o pensamento político de Pier Paolo Pasolini
Martes, 7 de novembro de 2023
Ourense
Sesión da mañá
10:00 horas
Presentación
10:30 horas
Pasolini fronte á dobre verdade discursiva: o destinatario da creación artística como autor
Antonio Giménez Merino, profesor de Filosofía do Dereito da Universitat de Barcelona e autor de Una fuerza del pasado. El pensamiento social de Pasolini
12:00 horas
A mirada indomable. O cine corsario, poético e politicamente incorrecto de Pier Paolo Pasolini
Simone G. Saibene, cineasta e produtor
Sesión da tarde
17:00 horas
O xerme do discurso pasoliniano manifestado no seu labor como xornalista e ensaísta
Severiano Casalderrey Conde, programador e crítico de cine
18:30 horas
Pasolini ChatGPT. O intelectual queimado polas miradas. A ollada que resiste
Cristina Consuegra, xestora e creadora cultural
20:00 horas
Proxección da curta La ricotta, de Pier Paolo Pasolini
LUGAR
Centro Cultural Marcos Valcárcel
Rúa do Progreso, 30
32003 Ourense
MAÍS INFORMACIÓN
www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal
ASISTENCIA
A inscrición é gratuíta.
O número de prazas é limitado.
As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.