Pensarmos
Sarah Babiker: Alicerces materiais para unha democracia sobre terra firme
Democracia, pero que democracia?
23 de novembro de 2023
Santiago de Compostela
Posverdade, fascismos dixitais, tecnopersoas, precarización da vida, perda de liberdades, deterioración medioambiental, poshumanismo…. Enchemos de novos termos os andeis do noso pensamento. Asistimos a unha proliferación de palabras e conceptos para enfrontarnos a unha época convulsa.
A economía do efémero demándanos respostas rápidas e simples ante problemas complexos. Pensar sen présas ou debater ideas e visións diversas do mundo ficaron convertidas en actividades de luxo ou en ideas románticas doutros tempos. Agora todo semella moverse na inmediatez das redes.
Porén, o pensamento necesita tempos de encontro, de compartir devagar perspectivas e dúbidas. Propoñémosvos neste ciclo de charlas, debates e intercambio de ideas un tempo compartido para a reflexión, para abordar os problemas da actualidade, para facer redes de conexións e contribuír a que sexamos un pouco máis libres. O vello dictum ilustrado, sapere aude, hoxe deveu máis necesario que nunca. “Atrévete a pensar” é un exercicio a contracorrente, unha pequena revolución cotiá.
Quedades convidadas e convidados a un espazo compartido de reflexión e análise crítica do mundo que nos tocou vivir. Se pensar vos presta, agardámosvos cunha única condición, a predisposición a gozar das palabras compartidas. Iniciado en 2019, o ciclo Pensarmos continúa en 2023 para ofrecernos a oportunidade de encontrarnos con nomes relevantes no pensamento actual que establecerán un diálogo tanto con integrantes da Sección de Pensamento do Consello da Cultura Galega como co público asistente sobre temas tan vixentes como feminismo, fascismos, verdade, intimidade, investigación, precariedade ou humanismo.
ASISTENCIA
A inscrición é gratuíta.
O número de prazas é limitado (100 persoas).
As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.
LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax: 981 957 205
MAÍS INFORMACIÓN
www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal
Ciclo Pensarmos
Sarah Babiker: Alicerces materiais para unha democracia sobre terra firme
Democracia, pero que democracia?
23 de novembro de 2023
Santiago de Compostela
18:00 horas
Presentación
18:15 horas
Alicerces materiais para unha democracia sobre terra firme
Sarah Babiker Moreno dialoga con Mariló Candedo
Sarah Babiker Moreno
É periodista e socia de El Salto, no que coordina migracións e antirracismo. Especialista en información internacional pola Universidad Complutense de Madrid e diplomada en Antropoloxía Social e Política pola Facultade Latinoamericana de Ciencias Sociais (Arxentina). Babiker interésase principalmente na desigualdade en todas as súas formas e está comprometida cun periodismo transformador que aposte pola xustiza social e o cambio. Nese marco, desde hai anos centra os seus artigos, reportaxes e entrevistas na reivindicación dunha renda básica universal.
Mariló Candedo Gunturiz
É pedagoga e profesora na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña. Forma parte do grupo de investigación «Política Educativa, Historia e Sociedade» e traballa en diferentes liñas de investigación: a educación en valores, a igualdade de oportunidades no sistema educativo, os modelos lingüísticos na educación e a relación entre cultura, educación e participación comunitaria. A súa actividade docente relaciónase con materias como Pedagoxía social e Dimensión ética e procesos educativos. Membro activo dos movementos de renovación pedagóxica, foi presidenta de Nova Escola Galega.
LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax: 981 957 205
MAÍS INFORMACIÓN
www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal
ASISTENCIA
A inscrición é gratuíta.
O número de prazas é limitado (100 persoas).
As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.