Afonso X e Galicia

Exposición. Afonso X e Galicia

Afonso X e Galicia

Rio de Janeiro (UFRJ), do 8 de novembro ao 1 de decembro de 2023
Rio de Janeiro
Exposición
Afonso X e Galicia

Afonso X e Galicia

Rio de Janeiro (UFRJ), do 8 de novembro ao 1 de decembro de 2023 Rio de Janeiro
“Afonso X e Galicia” é un proxecto expositivo producido polo Consello da Cultura Galega en colaboración da Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia e a Deputación de Ourense.

Despois de visitar diferentes institucións, nesta ocasión a exposición chega a Brasil, para presentarse na Escola de Música da Universidade Federal do Rio de Janeiro. O acto de inauguración será o 8 de novembro de 2023 ás 18:00 horas, e poderá visitarse até o 1 de decembro.

Coa inauguración da exposición dará comezo, tamén, un programa cultural no que participan expertos vinculado ás universidades públicas das cidades de Rio de Janeiro e Niterói, así como outros convidados a instancias destes colaboradores. No conxunto de actividades ocupa un lugar central a lírica galega medieval, pero ábrese espazo a outros aspectos relacionados cos proxectos políticos e a vasta actividade cultural do monarca. Esta etapa forma parte dun itinerario por Brasil, nesta ocasión acompañando a Alfonso X aínda na celebración do octavo centenario.

Comisariada polo Dr. Antoni Rosell (Universitat Autònoma de Barcelona), a mostra busca visibilizar a conexión con Galicia de Afonso X, no 800 aniversario do seu nacemento, a través das “Cantigas de Santa Maria” pero tamén noutros nexos máis profundos, ao tempo que amosa un intelectual que condensa outra forma de entender o saber do seu tempo.

A proposta afástase das exposicións de obxectos, busca compoñer ese relato a modo de crebacabezas con varios niveis, apoiado nunha narrativa multimedia. As circunstancias sanitarias obrigaron a adaptar o deseño desta exposición para que se poida “tocar” virtualmente a través dos dispositivos móbiles, pero tamén de proxeccións visuais e sonoras que permitirán trasladar a atmosfera da Idade Media. O relato permitirá achegarse á complexa e poliédrica figura de Afonso X, ás Cantigas de Santa María, como testemuño visual e sonoro da Idade Media galega e europea, aos instrumentos e á cultura galega da época.

LUGAR
Escola de Música da Universidade Federal do Rio de Janeiro
Ficha técnica
Exposición.
Afonso X e Galicia
Afonso X e Galicia
Cando
Rio de Janeiro (UFRJ), do 8 de novembro ao 1 de decembro de 2023
Onde
Rio de Janeiro
Enderezo

Escola de Música da Universidade Federal do Rio de Janeiro