Conservación de rexistros sonoros

9 e 10 de xuño de 2011
Información

Dirixido a Xestores de coleccións sonoras; técnicos de arquivos, bibliotecas e museos con fondos sonoros; técnicos de son; coleccionistas 

O Consello da Cultura Galega, a través do programa Arquivo Sonoro de Galicia, e en colaboración coa Asociación Española de Documentación Musical (AEDOM), quere contribuír á clarificación e á estandarización nos procesos de dixitalización e preservación do noso patrimonio sonoro. Dende os anos 90 os arquivos de audio, en concreto, veñen experimentando un constante e acelerado proceso de obsolescencia que obriga a unha permanente migración dun sistema a outro. Esta situación, o paso dos sistemas analóxicos aos dixitais, provoca unha permanente busca do sistema de preservación definitivo e afecta, dunha forma total, na propia catalogación e clasificación dos materiais sonoros.


Neste curso proponse unha primeira sesión onde se explican as últimas técnicas de conservación de audio, seguindo as recentes normas da IASA (International Association of Sound and Audiovisual Archives) e unha segunda sesión, dedicada á xestión e á organización dos arquivos de audio. O Arquivo Sonoro de Galicia quere, deste modo, axudar a unificar prácticas e a consolidar estándares internacionais que nos han de facilitar o intercambio e a complementaridade das tarefas arquivísticas que debemos facer entre todos para atesourar a nosa memoria sonora.

Ficha técnica
Conservación de rexistros sonoros
Conservación de rexistros sonoros
Curso. 9 e 10 de xuño de 2011
Relator/a
Enric Giné
Margarida Ullate
Colabora
Asociación Española de Documentación Musical

Organiza
Arquivo Sonoro de Galicia (CCG)
Consello da Cultura Galega

LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela