Hábitats culturais dos mozos en Galicia
Venres, 17 de setembro de 2010
O obxectivo deste estudo xeral é analizar as argumentacións, orientacións e actitudes da mocidade en relación ao consumo e á práctica cultural, así como ao uso de novas tecnoloxías, formatos e soportes atendendo ao nivel de estudos e aos grupos de idade.
Podemos constatar unhas actitudes bastante uniformes considerando as variables de sexo e idade, con pequenas excepcións. As variables de nivel educativo e hábitat son as que amosan máis varianza pero, en todo caso, obsérvanse tendencias xerais para o conxunto do grupo observado, que ademais coinciden con outras observacións feitas tanto no ámbito estatal coma europeo.
En primeiro lugar, un resultado que resultaba previsible é que a meirande parte da mocidade galega está permanentemente conectada a través das TIC e dispoñible en liña1 unha parte importante do seu tempo de ocio. Esta realidade está tamén a incidir en cuestións como as relacións persoais que manteñen ou o tipo de actividades que realizan dentro e fóra do fogar. O uso das tecnoloxías da información e da comunicación concédenlle aos mozos un papel protagonista ao estaren sempre á vangarda da nova sociedade tecnolóxica. Ademais, detéctase o aumento na personalización dos dispositivos tecnolóxicos que utilizan, como o móbil, a vídeo consola, o ordenador e a conexión a Internet.
Presentación
Hábitats culturais dos mozos en Galicia
Venres, 17 de setembro de 2010
Presentación
Hábitats culturais dos mozos en Galicia
Venres, 17 de setembro de 2010
Solicita a túa inscrición
Hábitats culturais dos mozos en Galicia
Presentación. Venres, 17 de setembro de 2010