Guerra e literatura

Ortigueira (A Coruña), sábado, 6 de agosto de 2011 ás 21:00
Información

O Teatro de Beneficiencia de Ortigueira acollerá o sábado, 6 de agosto ás 21:00 horas, o faladoiro Guerra e Literatura, no que participarán Carlos González Reigosa, Eloy Fernández Clemente, Dolores Vilavedra, Fernando Bouza Álvarez e Ramón Villares.


"A tertulia de Mansur é ás tardiñas, e tenden os criados toldo riscado e traen coxíns e almofadas, e van servindo o chá con menta. Os tertulios son os ditos pilotos que non andan na ocasión no mar, e máis o noso Sinbad, e os forasteiros que se acheguen, que cáseque sempre son xente mariñeira. (…) Na tertulia ponse Sinbad en duas almofadas no medio e medio da roda, e deixa que os outros vaian sacando novidás, e si falan de terras que esteñan de cerca, a dez días ou vinte de mar, ou de sucesos da vila ou do propio país de Bolanda, entón non dí nin verba, pro tan axiña como amosa aos beizos de calisquera dos presentes o nome dun país ou de illa, ou de nación de máis alá de Canbetún e Columbo, entón apreixa os xoenllos coas mans, e repite en voz alta o nome lonxano, e xa saben todos que vai falar Sinbad dunha viaxe sua, dunha descoberta famosa, dunha rara aventura, de costumes non usadas."


Si o vello Sinbad volvese ás illas…
Galaxia, 1961


 

Ficha técnica
Guerra e literatura
Guerra e literatura
Mesa redonda. Ortigueira (A Coruña), sábado, 6 de agosto de 2011 ás 21:00
Coordinación
Henrique Monteagudo
Participante
Fernando  Bouza Álvarez
Eloy Fernández Clemente
Carlos G. Reigosa
Dolores Vilavedra
Ramón Villares
Colabora
Concello de Ortigueira

Organiza
Consello da Cultura Galega

LUGAR
Teatro da Beneficencia
Casa do Concello
Praza Isabel II, s/n
15330 Ortigueira
A Coruña