mesa redonda

O mundo céltico e bretón na obra de Álvaro Cunqueiro

Ferrol (A Coruña), xoves, 3 de novembro ás 19:00
O mundo céltico e bretón na obra de Álvaro Cunqueiro

O Centro Cultural Carvalho Calero acollerá o xoves, 3 de novembro ás 19:00 horas o faladoiro O mundo céltico e bretón na obra de Álvaro Cunqueiro, no que participarán Ramón Loureiro, J. A. Ponte Far, Rubén Jarazo e Antonio Raúl de Toro Santos quenes debaten sobre unha importante fonte de inspiración e ambientación para a obra de Álvaro Cunqueiro.

"A tertulia de Mansur é ás tardiñas, e tenden os criados toldo riscado e traen coxíns e almofadas, e van servindo o chá con menta. Os tertulios son os ditos pilotos que non andan na ocasión no mar, e máis o noso Sinbad, e os forasteiros que se acheguen, que cáseque sempre son xente mariñeira. (…) Na tertulia ponse Sinbad en duas almofadas no medio e medio da roda, e deixa que os outros vaian sacando novidás, e si falan de terras que esteñan de cerca, a dez días ou vinte de mar, ou de sucesos da vila ou do propio país de Bolanda, entón non dí nin verba, pro tan axiña como amosa aos beizos de calisquera dos presentes o nome dun país ou de illa, ou de nación de máis alá de Canbetún e Columbo, entón apreixa os xoenllos coas mans, e repite en voz alta o nome lonxano, e xa saben todos que vai falar Sinbad dunha viaxe sua, dunha descoberta famosa, dunha rara aventura, de costumes non usadas."

Si o vello Sinbad volvese ás illas…
Galaxia, 1961

Conectate o Consello da Cultura Galega en Facebook, Twitter ou comparte esta nova: