presentación

Luís Seoane. Galicia-Arxentina: unha dobre cidadanía

Na fundación Luís Seoane (A Coruña), martes, 13 de decembro de 2011
Información

A Fundación Luís Seoane acolleu o martes 13 de decembro, o acto de presentación das Actas do Congreso Internacional Luís Seoane. Galicia-Arxentina: unha dobre cidadanía, celebrado en abril de 2010 e coorganizado co Consello da Cultura Galega.

O libro agrupa en 500 páxinas as 16 contribucións dos relatores galegos e arxentinos.

Na presentaciòn interviron o Alcalde da Coruña, Carlos Negreira, e o Presidente do Consello da Cultura Galega e editor da obra, Ramón Villares.

O libro, publicado co título "Emigrante dun país soñado. Luís Seoane entre Galicia e Arxentina" subliña a "dobre cidadanía" que marcou a biografía de Luís Seoane, "combinando unha idea concibida desde Galicia coa achega necesaria dunha perspectiva propiamente arxentina", en palabras de Ramón Villares.

As intervencións dos relatores, agora impresas, poden seguirse tamén a través dos servizos da Mediateca do Consello da Cultura Galega, na web da institución:www.consellodacultura.org/mediateca Máis adiante poderanse consultar tamén nesta web a publicación agora presentada e anacos do extenso epistolario de Luís Seoane.

Ao acto de presentación acudiron Ana Fernández, Concelleira de Cultura de A Coruña, e Silvia Longueira, Directora da Fundación Luís Seoane. Estiveron tamén presentes Xosé Luís Axeitos, secretario da Real Academia Galega e activo participante no congreso, e Marcelino Fernández Santiago, xerente do Consello da Cultura Galega.

O congreso, celebrado en Santiago de Compostela e A Coruña, reflexionou amplamente sobre a figura sobranceira e a acción creativa de Luís Seoane (Bos Aires, 1910-A Coruña, 1979) nunha dobre dirección territorial e cultural, entre a emigración e o exilio, e as súas dimensións como axente creativo e construtor dun proxecto cultural de intensa repercusión e influencia.

Ficha técnica
Luís Seoane. Galicia-Arxentina: unha dobre cidadanía
Luís Seoane. Galicia-Arxentina: unha dobre cidadanía
Presentación. Na fundación Luís Seoane (A Coruña), martes, 13 de decembro de 2011
Ámbito
Comisión de Acción Exterior (CCG)

Colabora
Fundación Luis Seoane

participante
Consello da Cultura Galega

LUGAR
Fundación Luis Seoane
San Francisco, s/n
15001 A Coruña 
T. +34 981 216 015
F. +34 981 216 379
info@luisseoanefund.org

Participante
Xosé Luís Axeitos
Ana Fernández
Marcelino Fernández Santiago
Silvia Longueira
Presenta
Carlos Negreira
Ramón Villares