encontro

V Encontro O son da memoria

As coleccións sonoras de Galicia ante o presente dixital en rede
V Encontro O son da memoria

O Consello da Cultura Galega organiza un encontro de posuidores ou xestores de coleccións de gravacións sonoras que existen no país co fin de intercambiar información sobre as novas realidades e estudar as formas de coordinación posibles entre os diferentes arquivos en prol da rendibilidade da documentación dispoñible. Este seminario enmárcase nunha realidade cultural marcada pola crise económica e polo presente dixital en rede, unhas novas circunstancias que deben contribuír a un traballo colaborativo compatible coas distintas personalidades das coleccións particulares.

O encontro terá lugar o venres 27 de abril no salón de actos da Biblioteca da Cidade da Cultura en sesións de mañá e tarde. Serán catro mesas redondas, cada unha introducida por unha pequena charla por parte do moderador; seguido de tres persoas que falarán das realidades arquivísticas que eles impulsan. Logo, nun coloquio posterior cos presentes, reflexionarase sobre o tema xeral de cada mesa coas achegas concretas do resto das persoas participantes.

Autobús Cidade da Cultura Liña 9: Casas Novas / Viso / Multiusos / Cidade da Cultura http://www.tussa.org/

Conectate o Consello da Cultura Galega en Facebook, Twitter ou comparte esta nova: