O(S) SENTIDO(S) DA(S) CULTURA(S)

Anthony Pagden

Xoves, 4 de outubro de 2012 ás 17:00
Información

A vindeira sesión terá lugar o xoves, 4 de outubro de 2012 ás 17:00 horas, na Biblioteca do Consello da Cultura Galega coa presenza de Anthony Padgen, quen presentará un relatorio titulado: De la monarquía católica a la república virtuosa. El imaginario político en la creación del mundo iberoamericano.


Pode acceder ao seu texto completo aquí


O(s) Sentido(s) da(s) Cultura(s) é un seminario interdisciplinar sobre os significados da cultura no tempo presente que o Consello da Cultura Galega vén organizando dende 2007. Este seminario, coordinado polo profesor Ramón Máiz, ten como obxectivo abordar os debates e investigacións mais recentes sobre as plurais nocións e prácticas da Cultura en ámbitos tan diversos como a Filosofía, a Antropoloxía, a Arte, a xestión cultural, os estudos culturais, as políticas do multiculturalismo etc. O ciclo contou xa con intervencións de pensadores como Slavoj Zizek, Félix Duque, Alberto Ruiz de Samaniego, Darío Villanueva, Héctor Díaz de Polanco, Josep Ramoneda, Ernesto Laclau, Fernando Castro Flórez, Anne-Marie Thiesse, José Luis Villacañas, Anne Phillips, José Manuel Sánchez Ron, Rafael Argullol, William Shea, Donatella della Porta, Bartolomé Clavero ou Lisa Wedeen.


Anthony Pagden é profesor de Ciencias Políticas e Historia na University of California, Los Angeles. Entre as súas publicacións, destacan: Hernán Cortés: Letters from Mexico (New York and London, 1972); The Fall of Natural Man: The American Indian and the origins of comparative ethnology (Cambridge, 1982); The languages of political theory in early-modern Europe, (Cambridge, 1987); con Nicholas Canny, Colonial Identity in the Atlantic World (Princeton University Press, 1987); The Spanish Empire and the Political Imagination. The Spanish Empire in European and Spanish American social and political theory 1512-1830 (Yale University Press, 1990); con Jeremy Lawrance, Francisco de Vitoria. Political Writings (Cambridge, 1991); European Encounters with the New World from Renaissance to Romanticism (Yale University Press, 1993); The Uncertainties of Empire: Essays in Iberian and Spanish-America Intellectual History (London: Variorum, 1994); Lords of all the World. Ideologies of Empire in Britain, France and Spain, 1400-1800 (Yale University Press, 1995); Peoples and Empires. Europeans and the Rest of the World from Antiquity to the Present (New York, Random House, 2001); La Illustration y sus enemigos. Dos ensayos sobre los orígenes de la modernidad (Madrid, Editorial Península, 2002); The Idea of Europe From Antiquity to the European Union (Cambridge: Cambridge University Press, 2002); Worlds at War. The 2,500 year Struggle between East and West (Random House, 2008); The Enlightenment and why it still matters (Random House and OUP). Moitas delas foron traducidas a diferentes linguas.


Realizou numerosos artigos e reseñas en diversas publicacións académicas en inglés, francés, español, italiano e alemán, e artigos en The New Republic, The New York Times, The Los Angeles Times, The Times Literary Supplement, The London Review of Books, Il Sole 24 Ore (Italia), El Mundo (España) e La Nueva Provincia (Arxentina).

Ficha técnica
Anthony Pagden
Anthony Pagden
Ciclo. Xoves, 4 de outubro de 2012 ás 17:00
Coordinación
Ramón Máiz Suárez
Organiza
Consello da Cultura Galega
Sección de Pensamento e Sociedade (CCG)
Relator/a
Anthony Pagden

LUGAR
Biblioteca do Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela