III Xornadas sobre boas prácticas na conservación do patrimonio cultural

Xoves, 27 de setembro de 2012
III Xornadas sobre boas prácticas na conservación do patrimonio cultural

Trátase de encadrar o que entendemos por “xestión” do patrimonio cultural e cales son as responsabilidades das diversas profesións que interveñen, para despois entender a discusión posterior. Diferenciar “valoración” (ou catalogación), difusión e protección, así como as responsabilidades de cada grupo. Nesta visión trataríase de facer comprender a complexidade (e esixible interdisciplinaridade) da tarefa, non limitada a unha profesión senón a un conxunto delas (tamén avogados, químicos, enxeñeiros, etc.). Sobre unha introdución xeral á “xestión” abordarase unha descrición máis detallada das intervencións directas sobre patrimonio inmoble (incluíndo os elementos mobles que integra).

Conectate o Consello da Cultura Galega en Facebook, Twitter ou comparte esta nova: