Xornada
A memoria dixital nos procesos de divulgación cultural
11 de novembro de 2010A dixitalización de documentos é, actualmente, unha das accións prioritarias das administracións, entidades e institucións no marco dos seus respectivos plans de adaptación ao novo modelo da sociedade da información. Así, a base de datos estase convertendo nunha forma cultural que estrutura a conservación e recuperación da memoria como parte de novos procesos creativos. Todos estes cambios que no campo da documentación e das bases de datos chegaron da man das tecnoloxías actuais e os seus desafíos centrarán estas xornadas do Consello da Cultura Galega. Os expertos convocados achegarán os seus puntos de vista sobre medios dixitais, bases de datos e divulgación cultural. Deste xeito, tentarase articular un debate arredor das accións prioritarias neste momento para sacarlle o máximo proveito á memoria dixital nos procesos de divulgación cultural.
A memoria dixital nos procesos de divulgación cultural
11 de novembro de 2010A memoria dixital nos procesos de divulgación cultural
11 de novembro de 2010Solicita a túa inscrición
A memoria dixital nos procesos de divulgación cultural
Xornada. 11 de novembro de 2010Medios dixitais, bases de datos e divulgación cultural
- 2010-11-11 00:00:00
Textos e contextos na rede
- 2010-11-11 00:00:00
Novas ferramentas para construír e difundir mensaxes culturais
- 2010-11-11 00:00:00
Os procesos de reorganización e dixitalización nas industrias culturais
- 2010-11-11 00:00:00
A memoria dixital nos procesos de divulgación cultural
- 2010-11-11 00:00:00
Tendencias nos consumos culturais nas sociedades actuais
- 2010-11-12 00:00:00
Regulación, autorregulación e valores nos fluxos de comunicación e cultura nas sociedades actuais
- 2010-11-12 00:00:00
Fronteiras interculturais na comunicación dixital
- 2010-11-12 00:00:00
Memoria, comunicación e desenvolvemento cultural: programas nacionais e internacionais
- 2010-11-12 00:00:00