Xornada.
Documentacion e poder na sociedade da información: o papel dos arquivos da comunicación
Do 30 de novembro ao 1 de decembro de 2005
Xornada
Documentacion e poder na sociedade da información: o papel dos arquivos da comunicación
Do 30 de novembro ao 1 de decembro de 2005
A necesidade de reflexionar sobre o papel dos arquivos e os observatorios de comunicación, cunha función cada vez máis importante na actual sociedade globalizada, motivou ao Arquivo de Comunicación do Consello da Cultura Galega a organizar unhas xornadas en que teóricos e documentalistas puxesen en común as dificultades, retos e vías de futuro do labor documental. Así naceron as xornadas Documentación e Poder na Sociedade da Información, coordinadas por Xosé López García, María do Carme Pérez Pais, María Antonia Pérez, Xosé Rúas e Rosa Aneiros Díaz, que se celebraron en Santiago de Compostela o 30 de novembro e o 1 de decembro de 2005. As xornadas supuxeron un piar máis no intento de establecer unha ponte e unha vía de comunicación entre a teoría e a práctica, unha conexión entre académicos e profesionais situados nas dúas beiras dun río caudaloso que desborda, en ocasións, a capacidade de asimilación e mesmo contención de tanta cantidade de información que a diario corre pola chamada sociedade de información, chea, aínda, de descoñecemento.
As xornadas reuniron no Consello da Cultura Galega a expertos en bases de datos e novas tecnoloxías como José Luis Dader; profesionais dos principais medios españois e galegos (El País, La Vanguardia, TVE, El Progreso, La Voz de Galicia ou Axencia EFE), que deron a visión dos traballadores da información a diario; expertos en dixitalización como Daniel Buján ou Javier Agenjo e teóricos da comunicación como Mariano Cebrián, Emilio García ou Emilio Prado. Xunto a eles, Ignacio Ramonet falou do Observatorio Francés de Medios de Comunicación e ofreceu a experiencia internacional nos procesos de documentación e dixitalización.
Xornada
Documentacion e poder na sociedade da información: o papel dos arquivos da comunicación
Do 30 de novembro ao 1 de decembro de 2005
Xornada
Documentacion e poder na sociedade da información: o papel dos arquivos da comunicación
Do 30 de novembro ao 1 de decembro de 2005
Solicita a túa inscrición
Documentacion e poder na sociedade da información: o papel dos arquivos da comunicación
Xornada. Do 30 de novembro ao 1 de decembro de 2005
Ficha técnica
Xornada.
Documentacion e poder na sociedade da información: o papel dos arquivos da comunicación
Cando
Do 30 de novembro ao 1 de decembro de 2005