FITOS

----
Ramón Piñeiro, primeiro presidente

Ramón Piñeiro, primeiro presidente

Na terceira sesión plenaria da institución, que á falta da sede reuniuse tanto nas dependencias do Instituto da Lingua Galega (ILGA) como na da Xunta tivo lugar a votación entre as candidaturas presentadas á presidencia. Ramón Piñeiro convértese no primeiro presidente da institución.

Unha cultura en sentido amplo

Propónse a creación de comisións de Lingüística, de Patrimonio Histórico-Artístico e Patrimonio Ecolóxico que dan conta do carácter de cultura ampla da institución.

Congreso sobre Rosalía

Congreso sobre Rosalía

Unha das actividades máis destacadas das realizadas polo CCG nos seus primeiros tempos foi, sen dúbida, o Congreso Internacional Rosalía de Castro e o seu tempo.

Encontro sobre culturas minoritarias europeas

Encontro sobre culturas minoritarias europeas

Celebrouse no Hotel Araguaney e foi o inicio da actividade internacional do Consello da Cultura Galega. Contou coa participación de figuras de primeiro nivel, entre elas, Robert Lafont.

Centenario Otero Pedrayo

O ano 1988 dedicouse a homenaxear a Pedrayo. Cinco congresos internacionais deron conta da relevancia da súa figura e o seu tempo.

Congreso Internacional de Arquitectura Institucional

Congreso Internacional de Arquitectura Institucional

Case mil persoas participaron na que foi a actividade máis numerosa. Celebrouse no Auditorio de Galicia, único espazo posible ante o elevado número de asistentes.

Informe sobre o Camiño de Santiago

Foi un dos informes máis controvertidos dos elaborados polo Consello da Cultura Galega. Nel manifestábanse en contra das actuacións que se estaban a desenvolver na contorna do Camiño de Santiago.

Inauguración da sede no Pazo de Raxoi

Inauguración da sede no Pazo de Raxoi

O Consello da Cultura Galega estrea novas instalacións no Pazo de Raxoi con rehabilitación de Pedro de Llano.

Carlos Casares é elexido presidente

Carlos Casares é elexido presidente

I Xornadas de Educación Teatral

I Xornadas de Educación Teatral

Esta cita foi de especial relevancia porque deu lugar á publicación dun informe que serviu como peza fundamental para a posterior creación da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia.

Culturagalega.org

Nace o portal de Internet de divulgación cultural, Culturagalega.org. Foi tamén o inicio do desenvolvemento de todo o sistema do Consello da Cultura en rede.

Galicia dende la Galice

Galicia dende la Galice

O congreso internacional de homenaxe a Abel Bouhier permitiu presentar a súa obra traducida ao galego. un ensaio xeográfico de análise e inerpretación dun vello complexo agrario, considerada fundamental para o coñecemento da realidade galega.

Recital do Día Mundial da Poesía

Recital do Día Mundial da Poesía

Derek Walcott e Wole Soyinka, dous premios Nóbel estiveron presentes no Consello da Cultura para celebrar este día.

Alfonso Zulueta é elexido presidente

Alfonso Zulueta é elexido presidente

Presentación do Proxecto Sarmiento

Presentación do Proxecto Sarmiento

Dirixido polo profesor Henrique Monteagudo, coa participación dun equipo interdisciplinario de investigadores, supuña a edición da obra inédita de frei Martín Sarmiento, a través dun proceso de localización, recuperación, transcrición e estudo, ao tempo que se leva a cabo a elaboración dun rexistro exhaustivo de fondos manuscritos

Ramón Villares é elexido presidente

Ramón Villares é elexido presidente

Concerto das Letras Galegas

Concerto das Letras Galegas

Proposta musical organizada pola institución como antesala festiva do Día das Letras Galegas. O concerto inclúe a estrea dunha peza musical encargada expresamente para a ocasión e pretende facer unha biografía musical da personalidade homenaxeada.

No bico un cantar

No bico un cantar

Iniciativa creada coa colaboración da Consellería de Cultura e Turismo e da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional da Xunta de Galicia. Celébrase cada primeiro venres de xuño en diferentes concellos co obxectivo de trasladar a paixón pola música culta e a poesía galega a escolares de toda Galicia.

Bolsas María Casares

Bolsas María Casares

En colaboración coa Casa de Velázquez, creouse un programa de intercambio promovido por ambas entidades coa finalidade de contribuír á proxección da cultura galega no exterior, notablemente no mundo francófono.

Galicia 100

Galicia 100

Inaugúrase en Santiago unha exposición que sintetiza a historia cultural de Galicia en 100 obxectos.

Ingreso na CPLP

O Consello da Cultura Galega foi admitido esta mañá do 1 de novembro na Comunidade dos Países en Lingua Portuguesa (CPLP), durante a XI Conferencia de Xefes de Estado e de Goberno da entidade, en calidade de Observador cConsultivo. Culmina así un dilatado proceso de tramitación iniciado en 2010 para “facer máis visible a lingua e cultura galegas no exterior”, en palabras de Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega. O CCG é a primeira institución galega en formar parte da CPLP.

Medallas do Consello da Cultura Galega

Medallas do Consello da Cultura Galega

Creadas para fortalecer e recoñecer a importancia que a diplomacia cultural e a acción exterior ten para o futuro da cultura galega, e recoñecer así mesmo o importante peso da diáspora na conformación da imaxe da Galicia contemporánea. Os primeiros galardoados foron Pablo Figueroa Dorrego, Ana Paula Leborinho e, a título póstumo, Francisco Lores Mascato

Rosario Álvarez é elexida presidenta

Rosario Álvarez é elexida presidenta

Convértese na primeira muller en ocupar o cargo

Álbum de Galicia

Álbum de Galicia

Colección dixital de biografías de persoas que destacaron en moi diversos ámbitos: desde a sociedade, a ciencia, a cultura ou a empresa. O obxectivo é dar visibilidade e perspectiva de conxunto ás numerosas mulleres e homes, xa finados, que contribuíron de maneira significativa á sociedade galega ao longo da historia.

Os adeuses en Ellis Island

A mostra que documenta os últimos momentos da emigración galega chega ao museo de migración Ellis Island, un centro destacado no estudo dos movementos migratorios en Estados Unidos.

Proxecto Lousas

Proxecto Lousas

Disposición pública das lousas, fondo sonoro de gran valor patrimonial que custodia o Arquivo Sonoro de Galicia.

Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos

Creación do cuarto arquivo da institución. O CDIF foi o resultado dun traballo continuado que comezou en 2005 coa creación da Comisión de Xénero adscrita á Sección de Filosofía e Pensamento. Busca, entre os seus obxectivos, facer visibles e promover a presenza e achegas das mulleres á cultura galega e constituír un lugar de consulta do material relativo as mulleres na sociedade

Afonso X e Galicia

Afonso X e Galicia

Exposición conmemorativa do oitavo centenario do nacemento de Afonso X, o Rei Sabio, na que se afonda na súa conexión con Galicia.

Medallas do Consello da Cultura Galega 2022

Entrega das Medallas de Honra do Consello da Cultura Galega 2022 ao poeta e director do Instituto Cervantes, Luis García Montero (Granada, 1958), e á profesora da Universitat de Barcelona Helena González Fernández (Comesaña, Vigo, 1967) polo seu traballo de promoción da cultura galega no exterior.

Medalla do Parlamento de Galicia

Medalla do Parlamento de Galicia

O Parlamento de Galicia concede a súa Medalla ao Consello da Cultura, ao Valdor do Pobo e ao Consello de Contas. Esta distinción recoñece a contribución das tres entidades estatutarias polo “afianzamento do autogoberno de Galicia e con plena lealdade ás restantes institucións da Comunidade Autónoma e do Estado”. Á concesión é froito dun acordo unánime da Mesa da Cámara galega.