En 1914 estréase en Madrid La primera centinela, zarzuela cómico-lírica, con libreto de Manuel Fernández Palomero e música de Pascual Marquina. A gravación da peza «Alborada gallega» está interpretada pola grande soprano Luisa Vela, unha das figuras indiscutibles do primeiro terzo do século XX. O disco complétase coa peza «La esclava : raconto» e está editado en 1917 por Gramófono.
Sinatura: ASG-OO-0591
Rexistro bibliográfico no catálogo da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia