Esta lousa corresponde ás primeiras gravacións que rexistrou o Real Coro Toxos e Froles de Ferrol. Fundado a principios de 1915, baixo a influencia dos postulados das Irmandades da Fala, o gaiteiro Manuel López Barja é o seu fundador e dirixe os temas tradicionais deste disco: «Alalá de Bergantiños» e «Foliada de Comba». Esta lousa está editada en Camden (New Jersey) pola discográfica Víctor.
Sinatura: ASG-OO-0593
Rexistro bibliográfico no catálogo da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia