«Puenteareas» é un pasodobre composto por Reveriano Soutullo (1884-1932). Estréase o 20 de outubro de 1929 e convértese no himno oficial do concello homónimo. Nesta ocasión, Pascual Marquina (1873-1948) dirixe esta interpretación da Banda del Regimiento de Ingenieros de Madrid, que evidencia a famosa traxectoria do compositor Soutullo. Esta lousa está editada en 1930 por Regal.
Sinatura: ASG-OO-0506
Rexistro bibliográfico no catálogo da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia