O Coro Aires d,a Terra de Pontevedra, dirixido por Perfecto Feijoo (1858-1935), interpreta dúas pezas tradicionais galegas: «Riveirana» e «Foliada». Este disco está editado en 1911 por Odeón. A agrupación folclórica pontevedresa segue a marcar a liña de recuperación da nosa música tradicional e continúa coas gravacións que xa iniciara en 1904.
Sinatura: ASG-OO-0464
Rexistro bibliográfico no catálogo da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia