Reveriano Soutullo (Ponteareas 1884- Vigo 1930) compón, xunto con Juan Vert, a zarzuela Las pantorrilas en 1930. Esta parella de compositores é unha das máis frutíferas da década dos vinte, asinando conxuntamente preto de vinte obras. Nesta lousa ofrécense dous temas: «Couplet de Tristán» e «Si sales del metro, chiquilla». A interpretación corre a cargo da excepcional tiple cómica Enriqueta Serrano. Esta lousa está editada por Odeón en 1930.
Sinatura: ASG-OO-0579
Rexistro bibliográfico no catálogo da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia