Rondalla Cauvilla Prim é unha orquestra arxentina, liderada polo galego Daniel Cauvilla, moi popular e que interpreta tanto música galega como temas coñecidos polo gran público. Neste disco executa dous fragmentos de dúas óperas célebres: La leyenda del beso (Soutullo e Vert) e Los claveles (Serrano). Odeón edítaa en Bos Aires en 1941.
Sinatura: ASG-OO-0544
Rexistro bibliográfico no catálogo da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia