A Coral De Ruada, histórica formación ourensá de 1918, interpreta «N´a seitura», escena campesiña galega, e «Ay, la le lo», composta por Noberto Almandoz, sacerdote e compositor vasco que está un breve tempo, en 1919, como mestre de capela da catedral de Ourense. Dirixe a coral Domingo González. A lousa está editada en San Sebastián, centro editor importante da época, en 1929.
Sinatura: ASG-OO-0470
Rexistro bibliográfico no catálogo da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia