La chula de Pontevedra é un sainete en dous actos composto por Pablo Luna e Enrique Bru, con libreto de Enrique Paradas e Joaquín Jiménez. A obra ten como protagonistas distintos personaxes galegos do rural (Rosiña, Piñeiro, o cura...) que tanto gustan na capital. Estréase en Madrid en 1928 con grande éxito. Blanquita Suárez (1894-1983), cantante vasca, interpreta o papel de Rosiña nesta gravación de 1928 editada por Odeón.
Sinatura: ASG-OO-0489
Rexistro bibliográfico no catálogo da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia