A Coral De Ruada, fundada en Ourense en 1918 e un dos coros históricos galegos nados a carón das Irmandades da Fala, interpreta a muiñeira «De Ruada» e a popular balada «Os teus ollos», esta última con letra de Manuel Curros Enríquez e música de Xosé Castro "Chané". Esta gravación está datada en 1929 e a Coral está dirixida nesta ocasión por Daniel González Rodríguez.
Sinatura: ASG-OO-0357
Rexistro bibliográfico no catálogo da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia