Daniel González e V. Fernández, membros da Coral De Ruada, recompilan cantigas e músicas da tradición galega, seguindo o espírito iniciado na época do Romanticismo, que quere buscar as esencias das culturas populares e que as Irmandades da Fala retoman. Este disco contén dúas gravacións tradicionais: «Canto d´as chirimías» e «Alalá d´as Rías Baixas», dirixidas por D. González. Está editado no ano 1929 por Columbia en Arxentina.
Sinatura: ASG-OO-0372
Rexistro bibliográfico no catálogo da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia