Los Churumbeles de España desenvolven a súa carreira musical dende 1949, primeiro en Cuba e despois en México, fuxindo do réxime franquista. A formación está liderada por Pepe Fernández, portentoso violinista, acompañado de nove músicos, entre os que destacan os cantantes Mario Rey e Juan Legido. Nesta lousa de 1954 interpretan «La leyenda del beso» de Reveriano Soutullo e «Bajo el cielo de España».
Sinatura: ASG-OO-0395
Rexistro bibliográfico no catálogo da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia