Fondo: Lois Tobío no seu arquivo persoal

----

Seminario de Estudos Galegos

O Novo Seminario de Estudos Galegos creouse en 1978 para retomar os principios da institución fundada en 1923 de estudar e divulgar o patrimonio cultural galego e formar novos investigadores
Epístolas
10 mencións
Data Relación Remitente - Destinatario Orixe Destino [ O. ] [ T. ]
Data Relación Remitente - Destinatario Orixe Destino [ O. ] [ T. ]
1962-10-03
Carta de Xaquín Lorenzo a Lois Tobío Fernández, 1962.
Lobeira
Montevideo
Orixinal Transcrición

Transcripción da epistola Carta de Xaquín Lorenzo a Lois Tobío Fernández, 1962. en 03/10/1962

Ourense, 3-X-62

Sr. D. Lois Tobio
Montevideo

Meu querido irmán: Moito tempo fai que non sei direitamente de tí, anque teño noticias por tua irmá, â que vexo de cotío eiquí.
De todos xeitos, un deber de gratitude faime agora escribirche.
A fins do vran viñen dende Lobeira a Ourense pra ollar os dous pirmeiros volumes da Historia da Galiza que tés a teu cargo. Vin o meu traballo e vín tamén a tua man amiga nél. Sei do traballo que che tivo que dar e o ben que de íl saiches. Deus cho pague.
Esta tua colaboración connosco trouxome âs mentes as nosas angueiras no Seminario de Estudos Galegos e lembrei aquiles tempos que xa non voltarán. Entón ainda había cordialidade no mundo e hoxe somentes podemos vivir de aquelas lembranzas.
De novo, que Deus cho pague.
Recibe unha aperta moi forte do teu de cote amigo e irmán
X. Lorenzo [sinatura autógrafa]

[Nota manuscrita a lapis de Lois Tobío, na esquina superior dereita]: Cont. 15-X

1971-05-04
Carta de Mª de los Ángeles Tobío Fernández ao seu irmán Lois Tobío, 1971.
Madrid
Orixinal Transcrición

Transcripción da epistola Carta de Mª de los Ángeles Tobío Fernández ao seu irmán Lois Tobío, 1971. en 04/05/1971

MARIA DE LOS ANGELES TOBIO FERNANDEZ DE MARTUL
BIBLIOTECARIA DE LA UNIVERSIDAD
SANTIAGO DE COMPOSTELA 4 - V - 1971

CALLE DE LA ROSA, 20-4º IZQDA.
TELEFONO 58 32 92
–––––––––––––––––––––


Querido hermano: Cumpliendo lo que me dijo mi hijo Suso, hablé al Seminario de Estudios Gallegos, concretamente con Cordero Carrete, para que te enviaran contra reembolso la obra del P. Gándara que te interesaba. Dicho señor, tan atento como siempre, quedó de enviártela tan pronto pueda, que será dentro de 3 días aproximadamente y además de su valor de venta que es de 2.000 pts., te la deja en 1.530 pues te considera como si fueras socio. Creo que más no se puede hacer. Ya avisarás si la recibes.
¿Qué tal por ahí? Aquí andamos a vueltas con el servicio de Luis pues no sabemos aún cuando lo llamarán. Pensábamos ir por ahí Pedro y yo pero con esto de Luisito lo aplazamos.
Abrazos de todos para todos y uno muy especial de vuestra hermana
Maruja [sinatura autógrafa]

[nota manuscrita de otra persona, cecáis o seu marido Pedro Martul Rey]:
Luisito como no puede hacer ejercicios físicos, será sometido en el Regimiento a examen liberatorio. Los Ponton Mantes de Orense vinieron a comer y decirnos que no eramos patriotas pues solamente los azules pueden tener favores para sus hijos que los rojos no merecen. Se destapo el odio y el rencor escondido demencial –

1978-01-18
Carta de Isaac Díaz Pardo a Lois Tobío Fernández, 1978.
Sargadelos
Madrid
Orixinal Transcrición

Transcripción da epistola Carta de Isaac Díaz Pardo a Lois Tobío Fernández, 1978. en 18/01/1978

SEMINARIO DE SARGADELOS
CERVO - LUGO - TLFNO. 580811

18 de xaneiro de 1978

Sr. Don Luis Tobío Fernandez
Madrid

Meu querido amigo:
Formula a presente pra lle comunicar que a empresa "Fábrica de Cerámica de Sargadelos, S.L." tomou en arrendo un local en Santiago de Compostela, no número 16 da Rúa Nova, pra adicalo a Galería de Arte, Libros e Cerámica, semellante a os establecementos que xa ten en Madrid e Barcelona, si ben o local de Santiago a mais de levar unha librería especializada en libros galegos ou referentes a algo de Galicia quérese que traballe tamén o libro portugués.
Coa inauguración desta Galería, que quixeramos facer pra a segunda mitade de marzal, vai a coincidir a saida do prelo da edición facsimilar do "Terra de Melide" cun limiar xustificativo do profesor Filgueira Valverde, publicado pola nosa asociada Ediciós do Castro.
Coincidindo con estas e outras circunstancias pensamos que a Galería Sargadelos de Santiago debería inaugurarse cunha mostra-homaxe da tarefa cumplida polo Seminario de Estudios Galegos, e dentro de esa mostra, entre outros actos culturales que se celebraría, estaría a presentación da edición facsimilar do "Terra de Melide". Coidamos que é un bó comenzo que Sargadelos, que te un siñificado pra Galicia, empece en Santiago por rendir un homaxe a unha institución tan galega, e tan de Santiago, como foi o Seminario de Estudios Galegos.
Cara esta mostra fixemos un ante-proieto do seu posible esquema:
a)- Publicaciós do Seminario e consecuentes da tarefa do Seminario.
b)- Iconografía referente ao Seminario.
c)- Gráficos coa organización do Seminario.
d)- Gráfico cronolóxico da tarefa cumplida polo Seminario comparándoa coas tarefas cumplidas por outras instituciós que traballaron en campos paralelos en Galicia, Madrid, Barcelona; os feitos históricos que foron determinando a concencia do Seminario; a influencia que exerceu o Seminario, etc.
e)- A Institución que recolleu parcialmente o esprito do Seminario logo da nosa guerra civil –o Instituto Padre Sarmiento– e que de algún xeito poido manter alcendida unha chama de él.
f)- O siñificado do Seminario coma unha Insitución interáreas no coñecemento particular de Galicia e na investigación total.
.../...
Unha proieción contínua de audiovisuales podería completar esta información e tocar outros temas paralelos ou derivados sobre materias que preocuparon ao Seminario coma son o arte popular e a súa correlación co arte culto, eco-sistemas, etc.
A mostra tería reflexo nun importante catálogo que servise xa de tratado pra o coñecemento do que foi a Seminario de Estudios Galegos.
Dentro da mostra celebraríase un ciclo de conferencias pra afondar no coñecemento do Seminario e discutir, si cabe, a posibilidade da súa restauración conservando dentro de ela o Instituto Padre Sarmiento cuia especializada pro moi importante labor cumplida non se pode abandonar.
Os fundadores do Seminario e os que colaboraron nel e que viven habería que facelos participar de algún xeito nesta mostra, que debería ter un carácter eminentemente cultural tratando de recoller dun xeito, o máis centífico posible, o caracter exemplar que tivo aquela institución. O feito de que o Seminario tivese enxangamentos oblíganos a vixilar que o caracter que se quere destacar poidese dar lugar a consideraciós de tipo político que restarían o gran valor de coincidencia que o Seminario, coma institución cultural, ten pra todos, nós.
Este ante-proieto de guión ou esquema do que pode ser a mostra que nos propoñemos facer ten que ser sometido á consideración das personas interesadas neste tema, polo que nos diriximos a vostede suplicándolle nos faga chegar as súas suxestiós sobor deste ante-proieto.
Agradecéndoas aproveito pra saudalo, coa mais outa consideración
Isaac Díaz Pardo [sinatura autógrafa]

[Palabras manuscritas:] Apertas tensas
Isaac

1978-02-15
Carta de Lois Tobío Fernández a Isaac Díaz Pardo, 1978.
Madrid
Sargadelos
Orixinal Transcrición

Transcripción da epistola Carta de Lois Tobío Fernández a Isaac Díaz Pardo, 1978. en 15/02/1978

Madrid, 15 de febreiro de 1978

Sr. D. Isaac Díaz Pardo
Sargadelos

Meu querido amigo: Moito me aledaron as novas que me das na túa carta verbo dos proieitos da empresa "F. de C. Sargadelos S.L." de abrir unha galería en Santiago e, co gallo da súa inauguración, facer homaxe ao Seminario de Estudos Galegos, lembrando o que foi aquela institución e vendo a posibilidade de facela rexurdir. Pra mín, ollando cara adiante, coma sempre, os fitos que o Seminario se propuxo ao sere fundado siguen tendo valencia e vixencia na nosa Terra. Hai necesidá de que eisista un centro de cultura que xunte e unifique, de xeito formativo, os esforzos a prol do desenrolo de todolos aspeitos da nosa cultura, despois dese longo inverno en que se viu coutada e asoballada.
Pareceme ben que se tomen todalas cautelas precisas pra desbotar de entrada toda connotación politica precisa. Mais por desgracia, foron e son os outros os que puxeron e poñen as etiquetas e por ela estriron o Seminario. No Seminario nunca se fixo politica, e nel, ben sabido é, coincidiron persoas de moi diferentes tendencias. Soio o amor a Galicia e á súa cultura os xunguía. O que pasa é que, queirase ou non, loitar pola cultura dunha terra tamén é facer politica.
Estou por enteiro á vosa disposición en todo canto poida axudar a esta laboura que vos propoñedes levar a termo. O guión que me mandas semella en principio ben. Abrangue o sustancial dos temas posibeles. Estes e outros temas poderían cicais tratarense nun coloquio, despois de ben elaborado o temario e de ben mediado polos que foran a participar nel. Hai que contar tamén coas institucións que podan ter avencellamento direito co asunto como a Academia, o I. P. Sarmiento e outras. O Seminario rexurdido teria demanter estreita relación con todas elas.
Velahía algunhas das cousas que se me ocurren arestora encol da vosa felís iniciativa. Que teñades un eisito comprido. Atal é o meu sinceiro desexo.
Unha aperta do teu vello amigo

1978-02-18
Carta de Isaac Díaz Pardo a Lois Tobío Fernández, 1978.
Sargadelos
Madrid
Orixinal Transcrición

Transcripción da epistola Carta de Isaac Díaz Pardo a Lois Tobío Fernández, 1978. en 18/02/1978

SEMINARIO DE SARGADELOS
CERVO - LUGO - TLFNO. 580811

18.2.78

Sr. Don Luis Tobío
Madrid

Meu querido amigo:
Confirma a miña carta-circular do 18 de xaneiro derradeiro. Agora vai o esquema do caderno que acompañará a mostra.
Agardo o teu pensamento e saber se, como espero, ti farás os folios que che corresponderían.
Os textos deberían estar acó non mais alá do 18 de marzal.
Agradecendo a tua colaboración vai unha aperta tensa

Díaz Pardo [sinatura autógrafa]


[Noutra folla]:

SEMINARIO DE SARGADELOS
CERVO - LUGO - TLFNO. 580811

ANTE-PROXETO DO CONTIDO DO CADERNO Nº 5 DO LABORATORIO DE FORMAS DE GALICIA ADICADO A DESCRIBIR A ENFOCAR A TAREFA CUMPLIDA POLO SEMINARIO DE ESTUDOS GALEGOS , QUE ACOMPAÑARA A MOSTRA QUE SOBRE A VELLA INSTITUCION GALEGA VAI FACER A GALERIA SARGADELOS QUE SE VAI A INAUGURAR EN SANTIAGO

ESQUEMA
1º Un breve enfoque estrutural do Seminario de Estudos Galegos, anónimo ou editorial do L.F.
2º 7 traballos de media ducia de folios aprox. cada un dos Fundadores, Directores, Conselleiros e Colaboradores Sres. Filgueira Valverde, Martínez López, Tobío Fernández, Parga Pondal, Lourenzo Fernández, Fraguas e Fraguas e Fernández del Riego. Pra darlle un senso orgánico e unha coherencia conviña que istes traballos, independentemente da libertade conque cada un quera evocar a súa lembranza da vella Institución, tocasen un particular tema distinto que, en principio, se propón que seña:
Don Xosé Filgueira Valverde - A Literatura
Don Ramón Martínez López - A Historia
Don Luis Tobío Fernández - A Socio-Economía
Don Isidro Parga Pondal - As Cencias Naturales
Don Xaquín Lourenzo Fernández - A Antropoloxía
Don Ricardo Carballo Calero - O Idioma
Don Antón Fraguas e Fraguas - A Xeografía
Don Francisco Fernández del Riego - A Política Cultural
(Cada traballo encabezaríase cunha fotografía e un pequeno curriculum de cada autor)
3º Un par de traballos de autores non galegos que tiveron relación có Seminario ou que poidesen enxuiciar a súa tarefa.
4º O Seminario de Estudos Galegos enxuiciado por investigadores xóvenes, representativos dende varias áreas das disciplinas e de pensamento, ocupando en total uns 10 folios
5º Alguns texto históricos do Seminario; por exemplo o discurso de Castelao "Do novo esprito", etc.
6º Reproducciós dos gráficos que figurarán na mostra sobor da organización interna do Seminario, outros de comparación con tarefas paralelas ou simultáneas, etc.
7º As publicacións do Seminario de Estudios Galegos.
8º 20 ou 30 páxinas de ilustracións con textos comprensivos.
9º Indice.

Sargadelos, febrero de 1978

1978-03-16
Carta de Isaac Díaz Pardo a Lois Tobío Fernández, 1978.
Sargadelos
Madrid
Orixinal Transcrición

Transcripción da epistola Carta de Isaac Díaz Pardo a Lois Tobío Fernández, 1978. en 16/03/1978

SEMINARIO DE SARGADELOS
CERVO - LUGO - TLFNO. 580811

16 de marzal de 1978

Sr. Don Luis Tobío
Madrid

Meu querido amigo:
Confirmo o que che acabo de decir por teléfono: un curriculum e unha fotografía.
Quédame a dúbida de se ao marcar temas no esquema do Caderno puden haber pecado de limitante, cousa na que non quería caer e por eso decía que "... independentemente da libertade conque cada un quera evocar a súa lembranza da vella Institución, tocasen un particular tema distinto ..."
Quero relembrar que esta intención non limitante era a nosa. Se dúbida eu son culpable de exercer influencia limitante precisamente contigo, fundador da Institución, e esto amólame.
Sen dúbida ti tes moitas cousas que decir, que relembrar e que enfocar que podan contribuir á historia espiritual e política do Seminario que serían útiles pra o futuro. Pensa na posibilidad de ampliar o teu traballo con algunhas lembranzas ou alguns enques que ti vexas que podía precede perfectamente ao que xa me enviache. Inda quedan uns dias pra pechar a edición.
Estase facendo, con motivo desta mostra, unha recolleita de datos das circunstancias que rodearon á vella institución. Hai datos puntos escuros. Alguns non será convenente relembralos agora que a posible restauración do Seminario non veña a separar e si a unir. Hai cousas que é millor deixalas ... Hai outras que posiblemente serían útiles mais non aparece rastro de elas. Por exemplo o acta fundacional ¿quen a ten?. O discurso de Castelao "Do Novo Esprito" ¿onde está?. ¿E posible que de estas cousas tan importantes ninguén poda dar conta?
Eu sigo na agarda. O que ti fagas ben feito está.
Apertas tensas, teu
Díaz Pardo [sinatura autógrafa]

1980-10-30
Carta de Lois Tobío Fernández a Argimiro Rojo Salgado, 1980.
Madrid
Vigo
Orixinal Transcrición

Transcripción da epistola Carta de Lois Tobío Fernández a Argimiro Rojo Salgado, 1980. en 30/10/1980

Madrid, 31 de outubro de 1980

Querido amigo Argimiro: Moito me aledóu a tua carta ao saber que es profesor, nese Colexio Universitario, de Teoría do Estado, a miña máis vella afición e especialización (non sei si sabes que eu traducín a Teoría do Estado de Hermann Heller). Pra as cousas do galeguismo supoño que xa estarás en contacto co grupo de Galaxia. A Fundación Penzol coa sua estupenda Biblioteca, poderá ser un instrumento de traballo sen parello.
Sentín non estar en Madride pra asistir á leitura da tua tesis. Eu mándoche a máis afervoada felicitación polo éxito acadado con "cum laude".
Cando me chamaches eu estaba en Sitges coa miña muller. Alí púxenme malo e tivéronme que operar de urxencia (cousa da próstata). Pasei un tempo amolado pero agora xa me atopo ben.
Se eu for a Vigo non deixaréi de chamarte. Coñezo esa terra que é maravillosa. Paséi un vran na chamada "Playa América", perto de Panxón.
A organización xuvenil checa de que algunha vez falamos chamábase o "Sokol". Un amigo meu, checo, a quen lle preguntei, díxome que ese nome quer dicer "falcón". Era algo así como os "Boy-Scouts" pero andemáis con senso patriótico checo, como antagistas do réxime habsburguiano. Foi fundada en 1862. Os cataláns crearan algo semellante nos anos 20, co nome de "Palestra". En realidad, o Sokol tiña tamén unha sección de adultos.
Si ves por Madride, non deixes de chamarme pra falarmos un pouco das tuas cousas. O de ires a Bós Aires podes deixalo pra máis adiante coma dis. Por certo que hai un rapaz, Delfín Mariño, que é de Vigo e profesor na Escola de Inxenieiros de Telecomunicacións que me chamóu para informarse encol do movimento galeguista na América. Seica está a facer algún ensaio ou traballo verbo delo.
Penso que non che estaría mal que te puxeses en contacto co Seminario de Estudos Galegos (Santo Domingo de Bonaval. Santiago) que está a rexurdir con novos azos e ten varias seccións. Como sabes eu fun un dos fundadores. Ten boas perspectivas de ir adiante.
Sabes que podes contar conmigo pra o que precises e mándoche unha boa aperta.

1981-06-13
Carta de Lois Tobío Fernández a Francisco Fernández del Riego, 1981.
Madrid
Vigo
Orixinal Transcrición

Transcripción da epistola Carta de Lois Tobío Fernández a Francisco Fernández del Riego, 1981. en 13/06/1981

Madrid, 13 de xunio de 1981

Meu querido del Riego: Por máis que esgarabello na lembranza, non chego a recoller ningún dato ou caso concreto que che puidera servir pra o que tencionas facer sobre o benquerido Casal. Moitas conversas tivemos daquela sobre moitas cousas pero él aparéceseme como unha figura enteiriza e nobre, toda xenerosidade e coraxe, que se deu á loita polos nosos ideáis con desprendimento e sacrificio. A instalación en Santiago da sua imprenta foi, en boa parte, pra que o Seminario puidese editar os seus traballos. Aló na rua das Hortas traballaba duro e sempre sorridente e optimista pra que a cultura galega dispuxese dun meio axeitado pra o seu espallamento. Cobraba cando e como podía e nunca se queixou das demoras. A veces dábame a impresión de que non precisaba do seu traballo para vivir (cousa, desde logo falsa).
Como eu saín de Galicia no ano 32 nada sei, senón por referencias tardías, da traiectoria da sua vida e labor apòs dese ano. E da sua morte.
Sinto que non che poda ser de máis utilidade para a tu empresa que espero e desexo que leves a cabo.
Unha estreita aperta.

1982-07-28
Carta de Xosé Neira Vilas a Lois Tobío Fernández, 1982.
A Habana
Madrid
Orixinal Transcrición

Transcripción da epistola Carta de Xosé Neira Vilas a Lois Tobío Fernández, 1982. en 28/07/1982

Habana, 28 de xulio de 1982
Sr. D. Luis Tobio
Madrid

Meu estimado amigo:
Ben me recordo de vostede, como se fose hoxe; daqueles dias do Congreso da Emigración (Bs. As. 1956), e do noso encontro na casa de Maria Valverde, en 1958. Leo os seus traballos, ás veces en "Grial", e sei que dende fai uns anos reside en Madrid. Eu andiven por ahí en setembro do 81, e supen de vostede por Inés Canosa, a través de quen lle envio a presente.
Veño a molestalo por esto: estou preparando un traballo sobre o Himno Galego (de Pondal e Veiga). Quixera facerlle a vostede algunha preguntas, como:
1.- Cando recorda teña sido primeira vez que o escoutou, que o cantou que soupo del (ano, circunstancias).
2.- ¿Recorda se o cantaban os estudantes universitarios da sua xeneración compostelana? ¿En que ano?
3.- Nas Irmandades da Fala, no Seminario de Estudos Galegos, no Partido Galeguista, que vixencia tiña? ¿Cantábase como Himno Nacional propiamente, ou como unha canción máis ou menos patriótica? ¿Con qué frecuencia e en qué circunstancias?
Amáis deso, toda outra información que vostede considere de utilidade arredor do tema.
E nada máis. Agardo noticias de vostede, o antes posible. Perdoe a molestia.
O meu enderezo postal: Apartado 4269
La Habana-4
Cuba

Reciba unha forte aperta
de seu amigo
Xosé Neira Vilas [sinatura autógrafa]

1993-10-28
Carta de Xosé Neira Vilas a Lois Tobío Fernández, 1993.
San Marcos
Madrid
Orixinal Transcrición

Transcripción da epistola Carta de Xosé Neira Vilas a Lois Tobío Fernández, 1993. en 28/10/1993

Santiago, 28 de octubro de 1993
Sr. D. Luis Tobío
Madrid

Meu querido amigo:
A súa fugaz estancia aquì deu tempo para pouco. Por outra banda estivo moi ocupado por esto do Seminario. E eu quixera ter conversado máis.
Quero adicarlle un dos meus artigos do Faro de Vigo dominical, e anque teño a ficha de Vde. que aparece na Gran Enciclopedia Galega, veño a molestalo para ampliar algunhas cousas.
1.- ¿Cantos anos estivo no exilio? ¿Foi de 1939 a 1963? Non veu a España en todo ese tempo?
2.- ¿Canto tempo estivo na Habana? Xa sei que tivo relacións con Ortiz, Portuondo, Roa. ¿Coo veu o ambiente intelectual cubano de entón, e a solidariedade cos republicanos españois? Xa nos contou que Lazaro Peña, secretario xeral da CTC intercedeu para que seu irmao Carlos fose a Cuba, ¿Foi exactamente asì o entendin mal? ¿Como era eso da Escuela Libre creada por vostede e outros –¿os ditos?– na Habana?
3.- ¿Como recorda a Castelao en N. York? Algunha anécdota. Xa teño presente que Castelao o presentou a vostede nalgunha conferencia. ¿De que falaba vostede nesa ocasión? ¿Foi máis dunha vez?
4.- O seu vinculo cos galegos do Uruguai, e coa audición Sempre en Galiza.
5.- Que pensa do Primeiro Congreso da Emigración Galega celebrado en Bs. As. en 1956?
6.- ¿Que significou América para vostede?
7.- ¿Vai moito por Viveiro? ¿Que significa para Vd. Viveiro?
8.- Teño en conta a sua amistade con sefarditas en Bulgaria
9.- ¿Que pensa do novo Seminario de E. Galegos?
Todo esto non vai con preguntas e respostas. Sintetizo eu a informaciòn e compleméntoa con outras fontes, como a GEG. Ilustrarei o traballo cunha caricatura moi boa que lle fixo Vizoso (e dixo que a Vde. lle gustara) e coa portada dun libro seu de Edic. do Castro.
Non se tome o traballo de repetir as preguntas. Abonda con que poña os números.
Agardo noticias suas. Disculpe a molestia. Reciba unha forte aperta de Anisia e de seu
Xose Neira Vilas [sinatura autógrafa]

Xose Neira Vilas
Instituto Galego de Información
San Marcos s/n - Santiago de Compostela

[na marxe esquerda do folio continúa o texto mecanografado]:
quero engadir:
10.- ¿Foi vde. o que propuxo o recorrido a Ortoño en 1923? Sua bisaboa irmá do crego Viojo, era así?
11.- ¿De Habana, de Bs. As., de onde as axudas en cartos ó SEG?
12.- Foron a pé a Ortoño, anotando cruceiros, etc. Cónteme.