Fondo: Lois Tobío no seu arquivo persoal

----

Centro Galego. Bos Aires

[entidade social] Fundouse o 2 de maio de 1907. O Centro Gallego de Buenos Aires foi froito da reunión de representantes de varias asociacións galegas co xornalista José R. Lence na rúa Alsina 946, asinando a Acta de Fundación. O documento establecía que a institución recén creada tiña como principal obxectivo encher as necesidades dos emigrantes Galegos na capital arxentina. Alén de outras múltiples actividades consta como institución editora de polo menos catro cabeceiras. Outras publicacións foron acreditadas especificamente dentro do Centro Galego ao Instituto Argentino de Cultura Gallega, á Asociación Médica-Departamento de Docencia e Investigación e a agrupacións "pro Centro Gallego" como as cinco seguintes: A Terra, Celta, Galicia, Gallego-Argentina Breogán, Unión Gallega.
Epístolas
7 mencións
Data Relación Remitente - Destinatario Orixe Destino [ O. ] [ T. ]
Data Relación Remitente - Destinatario Orixe Destino [ O. ] [ T. ]
1961-06-29
Carta de Manuel Puente a Lois Tobío Fernández, 1961.
Bos Aires
Montevideo
Orixinal Transcrición

Transcripción da epistola Carta de Manuel Puente a Lois Tobío Fernández, 1961. en 29/06/1961

Manuel Puente
Bos Aires 29 Xunio 1961

Sr. Don Luis Tobio
Meu querido Don Luis,
Confirmandolle as cartas que lle mandei por Canabal, informolle que oxe fumos con Prada a ver unha coleccion de varias miles de fotos de Galicia que ten un Sr. Hermida sacadas por el na terra, tratase de un Ourensan aficionado a ese arte.
Separamos 100 (e dicir separounas Prada) consideradas axeitadas para o ouxeto que se requir, as que seran levadas por Prada o proximo dia 8 –que irá a esa con unha Comisión do Centro Galego a esperar a Martínez Rico o seu paso por ahí o dia dez.
Apresurome a comunicarlle esto para que vostede sepa a que aterse.
Reciba un aperta de
S S S
Manuel Puente [sinatura autógrafa]

1962-10-27
Carta de Manuel Puente a Lois Tobío Fernández, 1962.
Bos Aires
Montevideo
Orixinal Transcrición

Transcripción da epistola Carta de Manuel Puente a Lois Tobío Fernández, 1962. en 27/10/1962

Manuel Puente
Buenos Aires Octubre 27 de 1962

Señor Don
Luis TOBIO
Benito Lamas 2941
MONTEVIDEO R. O. del U.

Meu querido Don Luis:
Con moito retardo recibín a sua moi estimada carta 8 corrente, o correo sobre todo eiquí anda moi trastornado con folgas etc, por eso preferin esperar para enviar esta por los familiares de Don Jesús CANABAL, que salen mañan.
Pola sua apercibome que non alcanzaron os fondos da conta Bancaria que habia fixado para ese obxeto, debe haber algún error, acreditando fondos a outras contas miñas en vez de a esa; por este mesmo medio estoulle escribindo a o xerente autorizando pagar o saldo deudor con fondos de outras contas miñas según copia que le adxunto para o seu debido conocemento.-
Non me he facil narrar a emoción que me produxo os dous tomos da Historia de Galicia que me enviou por Abraira , cando os foliaba pareciame ver as mans de Castelao facendo o mesmo, e o cerrar os libros dixen pra mín "Xa podo MORRER", o meu compromiso coa Patria quedará cumplido.-
Pasei moitas angustias –o ver que os anos transcurrian sin que comenzara a imprentarse a Historia, chegando a temer que a vida non me alcanzara a vela, hasta que supen que vostede aceptaba encargarse de dirixir a impresión, dende entonces calmáronse as miñas dudas –e oxe podemos mostrar a o mundo esta maravilla, non somentes po lo seu contido si non tamén po la categoria da presentación que vostede lle deu; Por todo elo querido Don Luis reciba as miñas felicitacions xunto co meu eterno e patriótico agradecemento, coa seguranza que no correr da historia a nosa patria fará xusticia a este seu esforzo patriótico.-
O dia once do corrente fixose eiquí unha cea, que os patriotas quixeron dedicarme con motivo da historia, púxose de manifesto toda a laboura sua, acordando enviarlle un telegrama co agradecemento dos presentes (que coido os organizadores lle haberán mandado), os reunidos eran 50 o 60 –a mayoria derixentes do Centro Galego, cuya xunta habia antes tomado conocemento da obra en sesión especial –enviáronme unha carta moi conceptuosa.-
Don Ramón escribeume moi emozoado , dime que non e "O libro do ano, e de moitos anos".
Aquí llo enseñamos a Don Salvador de Madariaga –quedou maravillado.-
VENDA-DISTRIBUCION; estou preocupandome coa idea de organizala, despois de cambiar impresions aquí irei a esa para concretar ideas con vostede, pero antes de nada e con carácter URXENTE e necesario un folleto en forma de pliego o como vostede vexa; en Galego e Ingles o outros idiomas, esos folletos serian de propaganda para mandar as bibliotecas e universidades do Mundo; deixo esto nas suas mans, faga a cantidade que lle pareza e como vostede crea conveniente, sin que sexa necesario a miña aprobación de presoposto etc.
Propóñome escribirle a Del Riego e Don Ramon en esos dias.
Cando teña oportunidade envieme todos os volumes que poida; na Arxentina a entrada e libre, haberá que ir pensando en despachar algúns queixons na forma mais convenente pois creo que polo menos se necesitaran cen xogos.
Nada mais por oxe, reciba Don Luis un forte abrazo do seu agradecido amigo e
S S S
Manuel Puente [sinatura autógrafa]

[Na primeira páxina, na esquina dereita e a lápiz hai unha pequena nota manuscrita de Lois Tobio]: Cont. 8-XI

1962-11-17
Carta de Francisco Fernández del Riego a Lois Tobío Fernández, 1962.
Vigo
Montevideo
Orixinal Transcrición

Transcripción da epistola Carta de Francisco Fernández del Riego a Lois Tobío Fernández, 1962. en 17/11/1962

Vigo
17-Novembro
1962

Sr. D. Luís Tobío
Montevideo

Meu querido amigo: Recibo agora a túa do 10 de outubro, xunto coas fotos que me devolves.
Vimos, todos os amigos, os dous exemprares da "Historia" que trouxo Meilán. Produxeron en cantos tiveron ocasión de os follear, unha fonda impresión. Dende logo, trátase de algo sin precedentes na nosa bibliografía. A presentación ten empaque, feitío estético, e unha elegancia tipográfica destacadísimas. Debo felicitarte, sinceramente, polo enorme esforzo que realizache, con evidente intelixencia e bó gusto.
Aproveitando o viaxe de Prada, xuntámonos con Ferro Couselo, Xaquín Lorenzo e outros, pra tratar da continuidade da obra. Lorenzo comprometeuse a revisar e mecanografiar o manuscrito da Prehistoria que deixóu Cuevillas. As miñas derradeiras novas son de que o traballo vai moi adiantado e de que, contra do que se pensaba, o texto encherá un volume de tamaño semellante ós dos xa editados.
En principio acordóuse, na reunión de que che falo, dar un novo pulo ô labor pra os futuros tomos, creando un a xeito de órgao centralizador que se responsabilizase da custión administrativa e máis de presionar nos colaboradores. Seguiría a direición teórica nas mans de Otero, e a realización práitica nas miñas, co asesoramento de Ferro e Piñeiro. Craro está que isto se non resolveu aínda de xeito definitivo, e tamén haberá que conocer cal é a decisión que adopta Puente. Naturalmente, o que agora urxe é rematar o tomo da Prehistoria, e mandalo decontado pra que o deades ó prelo.
Pero, según informes que recibo, resulta que hai moitas probabilidás de que tí veñas en data prósima pra Madrí. ¿É certo? Sería unha fermosa cousa térte perto de nós. A mín, particularmente, entusiásmame a idea. Pero, de ser así, habería que pensar nunha nova fórmula pra continuar a edición da Historia. Estimaríache moito, pois, que me dixeses o que hai sobre do particular.
Supoño que a túa muller me anunciará a data da súa chegada a Galicia. Tería un grande disgusto si, ô non saber cando ven, puidera atoparme fora de Vigo por calquer motivo, no día da súa chegada.
Non sei si estarás informado das novas que se van producir na Universidade. Os estudantes das cinco Facultades fixeron unha instancia, moi intelixente e razonada, solicitando a creación dunha cátedra de Lingoa Galega, no Instituto de Idiomas anexo á Facultade de Letras. Conseguiron que os Decanos a avalasen coa súa firma. E o Reitor, Echeverri, apoióunos cunha xestión aitiva i entusiasta. O resultado é que a Cátedra vai ser creada decontado.
Pero, ademáis, por xestiós do propio Echeverri, logróuse a creación da Seición de Filoloxía Románica na Facultade. No plan de estudos, figura como disciprina obligatoria no 5º curso, a de Lingua e Literatura galegas. Como ves, a vella aspiración, tanto tempo acariñada, realízase agora.
Escribín ôs Centros Gallego, Lucense, Pontevedrés e Ourensán de Bos Aires, pedíndolles que se dirixisen ô Reitor felicitándoo pola incorporación dos estudos da nosa lingua e da nosa literatura ô ensino universitario. ¿Poderías tí conseguir ahí que o Centro Gallego e a Casa de Galicia fixesen outro tanto? Coido que sería de grande interés que as entidás emigradas desen isa nota, frente ô silencio que aquí se mantén.
E nada máis. En espera das túas novas, mándache unha cordial aperta
Fernández del Riego [sinatura autógrafa]

O meu novo domicilio:
DR. CADAVAL, 32-4º Izqda.

1964-06-08
Carta de Lois Tobío Fernández a Eduardo Blanco Amor, director da Revista Galicia do Centro Gallego de Bos Aires, 1964.
Madrid
Bos Aires
Orixinal Transcrición

Transcripción da epistola Carta de Lois Tobío Fernández a Eduardo Blanco Amor, director da Revista Galicia do Centro Gallego de Bos Aires, 1964. en 08/06/1964

8.6.64

Sr. Eduardo Blanco Amor
Director de la Revista Galicia
Centro Gallego de Buenos Aires
BUENOS AIRES / ARGENTINA

De mi mayor estima:
He recibido su atenta carta del 15 de mayo último y le agradezco la invitación que en ella me hace en nombre del Centro Gallego de esa capital para colaborar en el número de la revista Galicia consagrado a rendir homenaje a la memoria del Padre Feijóo en el segundo centenario de su fallecimiento. Aceptando tan honroso encargo me complazco en enviarle adjunta una nota que lleva por título "O europeísmo de Feixóo".
El importe de la retribución de este trabajo pueden Vds. remitirlo en Pesetas, a la cuenta corriente que tengo abierta en el Banco de Santander, Sucursal Principal, Alcalá 37, Madrid, bajo el número de cuenta 26115.
Aprovecho la ocasión para enviarle mis más afectuosos saludos.
[sen asinar]

1965-01-08
Carta de Lois Tobío Fernández ao presidente do Centro Gallego de Bos Aires, José Villamarín Prieto, 1965.
Madrid
Bos Aires
Orixinal Transcrición

Transcripción da epistola Carta de Lois Tobío Fernández ao presidente do Centro Gallego de Bos Aires, José Villamarín Prieto, 1965. en 08/01/1965

8 de enero de 1965

Sr. D.
José VILLAMARIN PRIETO
Presidente del Centro Gallego de
BUENOS AIRES

Mi estimado amigo:
Me complazco en referirme a la carta del 19 de agosto del pasado año que, junto con el señor secretario de esa institución, D. Manuel Silva, tuvo Vd. la amabilidad de dirigirme para acusar recibo del original del trabajo sobre el Padre Feijóo, que me habían encomendado para su publicación en el número extraordinario de la revista "Galicia".
He recibido también los tres ejemplares de dicho número que Vdes. se sirvieron remitir.
En cambio, no he recibido noticia alguna sobre el pago de los honorarios que Vdes. habían señalado para la referida colaboración. Posiblemente ello se habrá debido a alguna confusión respecto a mi domicilio puesto que en la actualidad resido en Madrid y no en Montevideo a donde Vdes. habían dirigido primeramente su carta.
Si ello pudiera representar mayor comodidad para Vdes., me permito indicarles que pueden hacer efectiva dicha asignación ingresando su importe en mi cuenta corrientes en el Banco de Galicia de Montevideo, nº 1345.
A la espera de sus noticias, aprovecho la ocasión para enviarle mis más atentos saludos.
[sen asinar]

1965-05-28
Carta de Ramón de Valenzuela a Lois Tobío Fernández, 1965.
Bos Aires
Madrid
Orixinal Transcrición

Transcripción da epistola Carta de Ramón de Valenzuela a Lois Tobío Fernández, 1965. en 28/05/1965

Buenos Aires 28-5-65

Querido Tobío:
Eu saio o día 12 do mes que ven no "Monte Udala" que chegará a Vigo arredor das festas de San Pedro (coido que son o 28 de xunio). O barco é de Aznar e o seu axente é Fernando Conde y Cia. Plaza de Compostela 1. Alí saberán se hai atraso ou adianto.
Fixen a xestión que me encomendaches no Centro Galego e xa diron orde a Paco Del Riego que che entregase os cartos.
Este primeiro viaxe de esproración fágoo soio. Mariví fica eiquí atendendo as cousas comerciaes.
Levo unha chea de cousas pra facer no que toca a literatura, xestións económicas miñas e da familia, e como non teño mais que tres meses entre permañencia e viaxe, hei axustar ben as labouras. En Madrí, precisamente, está pendente o asunto de responsabilidades políticas do meu sogro e, con el a entrega de unha cantidade de pesetas que os tíos de Mariví teñen retidas. Confío en que me poidas ourentar.
Vou parar na casa de meu irmán José Manuel. Augusto G. Besada 6. Pontevedra. Podes escribirme alí.
Unha forte aperta pra todos vós
[Ramón Valenzuela, sinatura autógrafa]

[nota manuscrita:] En Madrí estarei na casa da miña irmá Rafael Calvo 11

1975-07-15
Carta de Manuel Meilán a Lois Tobío Fernández, 1975.
Montevideo
Madrid
Orixinal Transcrición

Transcripción da epistola Carta de Manuel Meilán a Lois Tobío Fernández, 1975. en 15/07/1975

Montevideo, xulio 15 do 1975

Siñor;
Luís Tobío Fernández
MADRID.-

Ben querido Tobío:
O día 3 do vindeiro setembro, SEMPRE EN GALICIA, cumprirá VINTECINCO ANOS.- Vai en maiúscula porque, cando a fundamos, lexos estivemos de imaxinar que chegaríamos a eles.- Pero, somentes coa lamentabel ausencia de Somoza, os demáis, estamos todiños; máis vellos no físico, nonna mente, que sempre está como nos mellores tempos xuveniles .... Boeno, vamos o motivo desta que non é outro que o de pedírlle que nos faga o editorial pro domingo 7 de setembro.- Todos nós senteriamos moi ledos si vosté, como non dudebamos fará, remexanos a colaboración que lle pedimos.-
Eu escribinlle a Villaverde pra que o vira e lle pedira isas verbas gravadas na sua voz.- Como nin me contestóu, supoño que nono fixo, dahí esta carta.- Si o Villaverde, cumpríu, millor; senon, ista carta ten vixencia.-
Dos probremas deste país, xa o supoño enteirado.- Vamos tirando, pero sin aquela maneira de vivir deste pobo, co facía felíz.- As condicións económicas están cuasi totalmente deterioradas, como lle dín agora.- E no político, fixeron un réximen militar-civil, que vai tirando con unha férrea represión e unha censura endexamais tida nesta Nación de Don Xosé Batlle y Ordoñez.- Pra darlle unha idea direille que somentes se pubrican catro xornaes: "El País".- "La Mañana".- "El Diario", oficialistas e "El Día", que fai o que pode pra que nono suspendan, como xa o fixeron.- Fora deste, nun tono moi suaviciño, polo dito, os outros, merda.-
Eí parez cas cousas tamén non eran tan estabeles como pensaban os trunfadores de fai casi coarenta anos.- E que a libertade de pensamento e vida, endexamáis morre.-
Co auspicio do Patronato da Cultura Galega daquí estase por poñer o busto de Castelao no seu Rianxo natal.- O busto xa esta na casa paterna, donde naceu o Guieiro.- E o que fixeron entre vosté i Escudero, que lamentablemente remata de morrer na Cruña, sin co destiño lle permitise estar presente na colocación.- Daquí pensan ir Canabal, Pereira, Yolanda e quizáes algún outro.- De Bós Aires, tamén unha delegación do Centro Galego, que irá presidida polo titular.- Todo esto e proieito, pois parez que afloran algunhas dificultades; vosté xa me entende.- Alá veremos, pois pensabase facelo en setembro.-
Ren máis, saúdos a sua dona e fillo, que xa estará feito un mozo e tiduado, maxínome.- Vosté, cos saudos de todolos amigos da audición –Couceiro, Yolanda, Pereira–, reciba unha amical aperta de
Meilan [sinatura autógrafa]