Fondo: Xosé María Álvarez Blázquez no seu arquivo persoal

----

Real Academia Española

Fundada en 1713, é unha institución con personalidade xurídica propia que ten como misión principal velar por que os cambios que experimente a língua española non quebren a esencial unidade que mantén en todo o ámbito hispánico. Fonte [Consulta 13-9-2019]
Epístolas
1 mencións
Data Relación Remitente - Destinatario Orixe Destino [ O. ] [ T. ]
Data Relación Remitente - Destinatario Orixe Destino [ O. ] [ T. ]
1960-06-05
Carta de Carballo Calero a Álvarez Blázquez
Lugo
Vigo
Orixinal Transcrición

Transcripción da epistola Carta de Carballo Calero a Álvarez Blázquez en 05/06/1960

Lugo, 5, xunio, 1960

Sr. D. Xosé Mª Álvarez Blázquez
Vigo
Meu querido amigo: Recibín a túa carta. En vista de que che oferece dificuldades a leitura do soneto autógrafo, mándoche unha copia mecanográfica do mesmo. Xa non me lembraba de que fora íse o enviado, pero polo que me dis, íse ten que ser.
Iste vran teréi que ir á Cruña a escudrumar algúns días na biblioteca da Academia. Veremos se entón podo leer o sainete de 1846.
Verbo do traballo pra o boletín consagrado a Cabanillas, o meu pensamento primitivo foi que ti estudaras o teatro, e Filgueira a poesía narrativa que nos deixóu. Pero Carré Alvarellos recabóu espresamente para sí, denantes de que eu dera conta do reparto, o estudo que eu che reservaba. Filgueira, a quen escribín, non me contestóu, inda que nunha conversa con Piñeiro díxolle que me escribiría propoñéndome que en troques de estudar o que eu quería, lle deixara estudar uns inéditos e borradores que ten no Museo. Penséi que ti poderías entón encarregarte de estudar a épica de Cabanillas, xa que a dramática a collía Carré, e a Filgueira habería que deixarlle falar dos tales inéditos. No primeiro plan Cabanillas ficaba estudado sistemáticamente. Pero xa que, como non é estrano, teño que aceitar modificacións aos meus proxeitos, penso que podes traballar, ou ben sobre a narrativa, ou ben, como me suxires, sobre os sonetos. Pra que o conxunto resulto algo concreto, eu faréi o derradeiro meu traballo, fincando á espreita do que fagades os máis, a fin de orientar a miña contribución en forma que encha ate onde se poda os ocos que resulten. De todos xeitos, dime en definitiva qué decides.
Eu creo que o soneto de Pondal traducción de outro de Rodríguez Marín pode se conseguir na bilbioteca da Academia Española. É custión de llo encarregar a algunha persoa de confianza que resida en Madrid. Eu ando agora demasiado atafegado para pensar nisa xestión. Calquera de nós que dé co soneto, en calquer momento, fica comprometido a llo comunicar ao outro. Niso quedamos.
Unha grande aperta do teu amigo,
Ricardo Carballo Calero.