----

Arquivo do Reino de Galicia

Centro que recibe, custodia e difunde fondos documentais de ámbito galego e coruñés de natureza pública e privada. Creado para custodiar a documentación producida pola Real Audiencia de Galicia, convertida máis tarde en Audiencia Territorial da Coruña, desde finais do século XIX e, sobre todo a partir do século XX recibirá tamén documentación doutras institucións de ámbito territorial galego. Finalmente distintas normas asignaranlle o papel de Arquivo Histórico Provincial da Coruña para os documentos da Administración central periférica, primeiro, e da autonómica despois. Custodia tamén fondos privados e amplas coleccións de fotografía, cartografía e de postais. É actualmente un centro de titularidade estatal con xestión transferida á Xunta de Galicia.
Epístolas
0 mencións
Data Relación Remitente - Destinatario Orixe Destino [ O. ] [ T. ]
Data Relación Remitente - Destinatario Orixe Destino [ O. ] [ T. ]