Fondo: Luís Seoane depositado na Fundación Luís Seoane.

----

Asociación Amigos da Cultura de Pontevedra

Asociación cultural fundada en Pontevedra en 1967 como asociación cultural de promoción da lingua e a cultura galegas, despois dun intento frustrado de formar "Os Novos". Foi a impulsora do monumento a Alfonso Daniel Rodríguez Castelao na avenida de Santa María. Na actualidade o seu presidente é Domingos Antón Fernández.
Epístolas
1 mencións
Data Relación Remitente - Destinatario Orixe Destino [ O. ] [ T. ]
Data Relación Remitente - Destinatario Orixe Destino [ O. ] [ T. ]
1976-04-26
Carta de Piñeiro a Seoane. 1976
Santiago de Compostela
Bos Aires
Orixinal Transcrición

Transcripción da epistola Carta de Piñeiro a Seoane. 1976 en 26/04/1976



Compostela, 26-IV-76


Querido Luis:

A Asociación Amigos da Cultura de Pontevedra quixo conmemorar o ano pasado o 25 aniversario da morte de Castelao. Con tal motivo, pedíronme que dese alí unha conferencia o día 7 de xaneiro, que se celebrou no local do antigo Café Moderno. Segundo me informou o Manolo Torres, a mesa desde a que eu falei estaba xusto no lugar onde Castelao e os seus amigos tiñan a tertulia cotián. Por ser en Pontevedra, por ser naquel lugar e porque estaban presentes bastantes amigos de Castelao, o acto resultou moi emotivo. Pedíronme o texto da conferencia para publicala. Logo deron na trécola de editala en galego, castelán, catalán e euskera, co que retrasaron moito a publicación. Sairá agora, aos dezaseis meses de ser pronunciada. Acabo de recibir uns cantos exemplares e mándoche un por avión. Prodúceme grande alegría poder mandarche algo meu. ¡Recibo tantas e tan valiosas cousas tuas!
Apertas nosas para os dous

Ramón