Fondo: Lois Tobío no seu arquivo persoal

----

Museo de América

O Museo de América é un museo situado en Madrid e creado o 19 de abril de 1941 e alberga as coleccións de arte, arqueoloxía e etnografía desde a época precolombina á colonial.
Epístolas
1 mencións
Data Relación Remitente - Destinatario Orixe Destino [ O. ] [ T. ]
Data Relación Remitente - Destinatario Orixe Destino [ O. ] [ T. ]
1974-06-18
Carta de Lois Tobío Fernández a Francisco Fernández del Riego, 1974.
Madrid
Vigo
Orixinal Transcrición

Transcripción da epistola Carta de Lois Tobío Fernández a Francisco Fernández del Riego, 1974. en 18/06/1974

18 xunio 74

Meu querido Del Riego: Recibín a primeira parte das probas de páxina mais non chas poderéi mandar hastra recibir a totalidá pra poñer os números das páxinas a que se fai referencia no texto.
Por outra parte estóu a facer o Indice alfabético, necesario nunha obra deste tipo. Asi mo indicóu Alvaro Gil. Xa teño feita, en fichas, a parte que me mandaches o todo irá moi de contado.
Carlos Martinez-Barbeito quer que presente o libro no Museu de America nun acto que él vai orgaizar. Pareceme ben porque dise xeito daráse máis a coñecer. Pero como agora escomenza a estació morta en Madrid, será mester aprazalo deica setembro. De todos xeitos non convén lanzar o libro nos dous meses que veñen.
Pola miña parte todo ha ir ben axiña, incruso o Indice alfabetico.
Moitas apertas de todos nós pra tí e a tua muller. E tamén lembranzas para os teus irmans.