Fondo: Luís Seoane depositado na Fundación Luís Seoane.

----

Sociedad Coral Polifónica de Pontevedra

Fundouse en 1925 na cidade de Pontevedra. O seu inicio débese a un grupo de personalidades da época que destacaban no mundo das artes e as letras tales como Castelao, Losada Dieguez, Blanco Porto ou Alexandre Bóveda. Desde o seu inicio colleitou grandes exitos en concertos dirixidos por Antonio Blanco Porto (1925), Antonio Iglesias Vilarelle (1940), Manel Fernández Cayeiro (1964), Agustin Bertomeu (1967), “Pachu” Jose A.Sánchez (1977), Jose Vera Montero (1980), Manuel Fernández Cayeiro (1980) e desde o ano 2008 a actual directora Marlene Armentero.
Epístolas
2 mencións
Data Relación Remitente - Destinatario Orixe Destino [ O. ] [ T. ]
Data Relación Remitente - Destinatario Orixe Destino [ O. ] [ T. ]
1959-04-10
Carta de Seoane a García Sabell. 1959
Bos Aires
Santiago de Compostela
Transcrición

Transcripción da epistola Carta de Seoane a García Sabell. 1959 en 10/04/1959

Buenos Aires, 10 de avril (sic) de 1959

Sr. D.
Domingo García Sabell
Santiago de Compostela.

Meu querido Domingo:

Recibín a tua carta do 28 de marzo, e agradézoche moito as lembranzas do meu album Doce cabezas. Continúo traballando moito. Traballo sempre. Fixen nistes derradeiros anos diversos muraes con téinicas diversas: vitraes, ferro e bronce, relieves, pintura, etc., pero xa falaremos disto.

Citania acordou o seu aviso dunha páxina pra ise número de Insula. Dieste prometeu a sua colaboración i eu enviareiche o que me pides denantes do remate de avril. E posíbel que a fin de ano vaia a Europa, concretamente a Suiza, onde me invitan a facer duas esposiciós nos museos de Basilea e Berna. Tamén teño propostas de galerías de Milán e Roma, mais non sei si poderei facer ren nistas cibdades, pois teño moito que facer eiquí e non moitos folgos pra viaxar. Fixen cousas novas, afondando o que podo os meus recursos eispresivos. Iste ano diseñei tamén algús mobles e alfombras. Dos muraes uns pintores mozos fixeron un pequeno documental en 16 mms. do que che enviarei unha copia pra que a pasedes nisa e vexades algo do que fixen niste senso. Dinlles un disco da Polifónica de Pontevedra pro acompañamento musical. Isto é todo. ¿Por qué non me escribes unha longa carta falándome dos teus proieitos? ¿Qué é da biografía de Valle Inclán que tiñas en estudo?.

Recibín o teu ensaio sobor Américo Castro que me pareceu moi bon, e que che agradezco. Escríbeme. Eu enviareiche o material de Insula con tempo.

Saudos moi garimosos pra Elena e tí de Maruxa e meus, e tí recibe unha forte aperta de:
Seoane.

1959-07-18
Carta de Seoane a García Sabell. 1959
Bos Aires
Santiago de Compostela
Transcrición

Transcripción da epistola Carta de Seoane a García Sabell. 1959 en 18/07/1959

Buenos Aires, 18 de xulio de 1959

Sr. D.
Domingo García Sabell
Santiago de Compostela.

Querido Domingo:

Recibín a tua carta onde me das noticia de ter recibido o artigo de Dieste, as fotos de obras miñas e material de Citania pra Insula. Todos eiquí desexamos ver o número e gostaríame que tan pronto saíse me remitises un exemprar por correio aéreo si non é pra tí moita molestia. Por Carmen, a dona de Díaz Pardo, envieiche un corto metraxe sobor dos muraes meus. A película ten ademáis de moitos defeutos, –foi feito por rapaces moi novos que están iniciándose na filmación– o moi notorio de non ter sido feita en coor, que penso é con seguranza o mais importante das miñas obras diste xénero e non abarcar ningún muro na sua totalidade. Mais de calquer xeito, pode ofrescer unha ideia aproximada do que fago. Fíxenlles reproducir un disco da Polifónica pra xunguir dalgún modo o que fago coa terra. Quixera coñecer a tua opinión e a dos amigos sobor do que se pode ver si xa a tedes pasado. Istes días envíoche un novo libro de dibuxos, Figurando recuerdos que está a sair do prelo. E posíbel que tamén a final do ano saia unha peza de teatro que teño entregada a un editor de eiquí feita sobor dun acontecido compostelán do século XVII.

¿Por qué non me escribes unha carta longa sobor dos teus proieitos? Gostaríame moito editar algunha cousa tua en Citania, ¿por qué nonos (sic) envías algún orixinal teu? Agora sal unha monografía de Del Riego. Tamén quixera coñecer os comentarios que tiveches da tua monografía sobor da miña obra. Eiquí gustou moitismo mais non sei ren do que pasou nesa. Ficamos illados de todos. Soios. Pol-a miña parte xa penso se non serei enfermo ao non tratar de esquecerme de todo o que se refire a Galiza, adicándolle tempo e loitando co seu nome nun mundo alleo. Ao remate do ano vamos a Suiza onde teño duas exposiciós, non sei si xa cho escribín, en Basilea e Berna. Estou contento de voltar a Europa, mais tamén sinto deixar de traballar nas miñas cousas durante algún tempo. Isto é todo. Escríbeme.
Un saúdo garimoso de Maruja e meu pra Elena e a aperta fonda pra tí de

Seoane.