----

Librouro

[libraría] Tenda fundada en Vigo por Antón Patiño Regueira e Munda Pérez en 1967. Tiña unha ampla sección de libro galego, incluídas edicións de exemplares aínda prohibidos en España, como Sempre en Galiza, Milicianos, Galiza Mártir e máis Atila en Galiza de Castelao, ou Pensamento e sementeira de Antón Vilar Ponte e Vida, paixón e morte de Alexandre Bóveda. Numerosos destes títulos procedían de Arxentina, das editoriais do exilio galego, moitas creadas polo seu amigo Luís Seoane.
Epístolas
0 mencións
Data Relación Remitente - Destinatario Orixe Destino [ O. ] [ T. ]
Data Relación Remitente - Destinatario Orixe Destino [ O. ] [ T. ]