Fondo: Lois Tobío no seu arquivo persoal

----

Real Academia Galega

Entidade constituída o 30 de setembro de 1906, presidida por Manuel Murguía e con corenta membros. Desde a súa fundación en 1906, a Real Academia Galega foi concibida como unha ferramenta que os galegos se daban a si mesmos para o fomento da súa cultura e para a codificación e estudo do seu idioma. Fonte [Consulta 25-6-2019]
Epístolas
4 mencións
Data Relación Remitente - Destinatario Orixe Destino [ O. ] [ T. ]
Data Relación Remitente - Destinatario Orixe Destino [ O. ] [ T. ]
Carta de Luís Bouza-Trillo a Lois Tobío Fernández, sen data.
Vilagarcía de Arousa
Madrid
Orixinal Transcrición

Transcripción da epistola Carta de Luís Bouza-Trillo a Lois Tobío Fernández, sen data.

Luis Bouza-Brey Trillo
ABOGADO
Villagarcía de Arosa

Calvo Sotelo, 14-1º
Teléfono: 139

Sr. D. Luis Tobío Fdez.
Madrid.

Meu querido Luis:
Nunha enxoita mención de un pequeno opúsculo que me manda Francisco Vales Vilamarín, segredario da R. Academia Galega, acho o seguinte:
"Antonio Castro e Andrade... primeiro procurador en Cortes polo reino de Galicia dempois de concesión de Felipe IV... que fora conseguida polas persistentes xestións...de ele mesmo, coa valiosísima colaboración de Frei Antonio de Soutomaior, confesor da Real Familia e arcebispo de Damasco, e de D. Diego Sarmiento de Acuña, conde de Gondomar. A destacada intervención do noso compatricio neste transcendental asunto encontrase perfectamente reflexada nos libros de Acordos dos concellos de Betanzos e da Cruña, así como nos da Xunta do Reino, correspondentes, uns e outros, a aquela época".

Como hai esa mención do Conde de Gondomar e parece ser que neses libros de acordos cítaselle de algunha maneira e o motivo podeche servir pra o que estás a facer acordeime de ti, pra che mandar esta carta e pra que te poñas en contacto con Vales Villamarín para que che suministre datos mais concretos.

Lembranzas á túa dona, Constanciña e rapaz e pra ti unha forte aperta de teu vello amigo

Luis Bouza-Brey [sinatura autógrafa]


O fascículo de Vales titúlase "Heráldica Galega - II" "Brasón do Pazo de Lanzós"

A dirección de ele é: Academia Galega.- Palacio Municipal.- Coruña-

1970-04-28
Carta de Sebastián Martínez-Risco Macías a Lois Tobío Fernández, 1970.
A Coruña
Madrid
Orixinal Transcrición

Transcripción da epistola Carta de Sebastián Martínez-Risco Macías a Lois Tobío Fernández, 1970. en 28/04/1970

PRESIDENTE
DE LA
REAL ACADEMIA GALLEGA
LA CORUÑA
––––––––––

A Cruña, 28 de abril do 1970

Sr. D. Luis Tobío Fernández
Madrid
Meu distinto [¿?] e ademirado amigo:
Teño composto un libro encol de "El mundo de la fauna en la poesía gallega", tema do que me valín pra unha conferencia que o ano 1961 din na Universidade de Montevideo e á que vostede me fixo a honra de asistir. Recordo que ó remate dela ouvin de vostede a opinión de que o asunto parecíalle importante e axeitadamente enfocado. Pois ben, ise parecer seu e a consideración de que o devandito traballo non é senón o desenrolo daquela conferencia, móvenme a pedirlle me faga o favor de prologalo. A obra abranguería con elo interés e autoridade, i eu quedaríalle moi obrigado.
Si vostede acepta o meu pedido –decisión que, naturalmente, pode tomar con ausoluta libertade –faríalle chegar os orixinales do libro e dos índices.
Sei que coista encomenda atento contra o seu valioso tempo, mais as razóns denantes apuntadas faránlle ver que non se trata dun desexo infundado.
Cordialmente saúdao e reiterase seu afecto amigo e devoto ademirador
Sebastian Martínez Risco [sinatura autógrafa]

S/C Linares Rivas, 6 y 7 = 10º -

1970-06-01
Carta de Sebastián Martínez-Risco Macías a Lois Tobío Fernández, 1970.
A Coruña
Madrid
Orixinal Transcrición

Transcripción da epistola Carta de Sebastián Martínez-Risco Macías a Lois Tobío Fernández, 1970. en 01/06/1970

PRESIDENTE
DE LA
REAL ACADEMIA GALLEGA
LA CORUÑA
––––––––––

A Cruña, 1 - xunio - 1970

Sr. D. Luis Tobío Fernández
Madrid
Meu querido e ademirado amigo:
Un erro na direición deu lugar a que non chegase ás súas mans a carta que novamente lle envío, coido que agora correitamente dirixida. Nela consúltolle sobor si me faría vostede a honra e o favor de prologar un meu libro. Ratifícalle a proposta e o rogo, e quedo en enviarlle o orixinal, si vostede me comprace, á vista do cual pode vostede, naturalmente, teimar ou non un asentimento que en principio poda darme.
Co millor afecto saúdao seu afecto amigo e devoto ademirador

Sebastian Martínez Risco [sinatura autógrafa]

[nota manuscrita a lapis na esquina superior dereita]: Aceitado sí 08.6.70

1978-02-15
Carta de Lois Tobío Fernández a Isaac Díaz Pardo, 1978.
Madrid
Sargadelos
Orixinal Transcrición

Transcripción da epistola Carta de Lois Tobío Fernández a Isaac Díaz Pardo, 1978. en 15/02/1978

Madrid, 15 de febreiro de 1978

Sr. D. Isaac Díaz Pardo
Sargadelos

Meu querido amigo: Moito me aledaron as novas que me das na túa carta verbo dos proieitos da empresa "F. de C. Sargadelos S.L." de abrir unha galería en Santiago e, co gallo da súa inauguración, facer homaxe ao Seminario de Estudos Galegos, lembrando o que foi aquela institución e vendo a posibilidade de facela rexurdir. Pra mín, ollando cara adiante, coma sempre, os fitos que o Seminario se propuxo ao sere fundado siguen tendo valencia e vixencia na nosa Terra. Hai necesidá de que eisista un centro de cultura que xunte e unifique, de xeito formativo, os esforzos a prol do desenrolo de todolos aspeitos da nosa cultura, despois dese longo inverno en que se viu coutada e asoballada.
Pareceme ben que se tomen todalas cautelas precisas pra desbotar de entrada toda connotación politica precisa. Mais por desgracia, foron e son os outros os que puxeron e poñen as etiquetas e por ela estriron o Seminario. No Seminario nunca se fixo politica, e nel, ben sabido é, coincidiron persoas de moi diferentes tendencias. Soio o amor a Galicia e á súa cultura os xunguía. O que pasa é que, queirase ou non, loitar pola cultura dunha terra tamén é facer politica.
Estou por enteiro á vosa disposición en todo canto poida axudar a esta laboura que vos propoñedes levar a termo. O guión que me mandas semella en principio ben. Abrangue o sustancial dos temas posibeles. Estes e outros temas poderían cicais tratarense nun coloquio, despois de ben elaborado o temario e de ben mediado polos que foran a participar nel. Hai que contar tamén coas institucións que podan ter avencellamento direito co asunto como a Academia, o I. P. Sarmiento e outras. O Seminario rexurdido teria demanter estreita relación con todas elas.
Velahía algunhas das cousas que se me ocurren arestora encol da vosa felís iniciativa. Que teñades un eisito comprido. Atal é o meu sinceiro desexo.
Unha aperta do teu vello amigo