Proxecto epístola

Agrupación de coleccións epistolares para a páxina institucional do Consello da Cultura Galega.

Castro de Samoedo
21 de Marzo de 1957

Sr. Don Luis Seoane
BUENOS AIRES

Querido Luis:

Recibo a tua do 6 cte. Tamén me chegou outra do Inx. Díaz Dorado. Tomo boa nota e cargo do que na tua carta e na d’il encarregádesme. Poreime pirmeiramente a fala con Paco del Riego pra que vaian as cousas de acordo, e xa oxe mesmo escribinlle. Descuida, o recibir a contestación de Paco eu poreime sobor do asunto, e algo xa teño adiantado, con moita da xente que ti citas, xa que ahi habiasme encarregado porparar algo semellante con vistas a facelo no Centro Galego i-eu non me había esquecido da cousa.
Velahí che van 6 fotografías de pezas de porcelán interpretando cousas de artistas galegos que xa che falei noutra carta. Os artistas galegos teredesme de perdoar a miña interpretazón das vosas cousas. Dentro d’unhos dias mandareite un catálogo que se está imprimindo. Son istas pezas vosas de serie numarada e posibelmente o límite será de 1000 por modelo xa que si se fai moi limitada a serie saen moi caras y custa moito vendelas. A frábica entrega con cada peza unha garantia da limitazón da serie. Posibelmente a mitade da serie ista poderiase facer na frábica da Arxentina. Xa veremos. De momento as pezas vomolas a vender nos a 200 pesetas cada unha. Posibelmente a medida que se vai agotando a serie ou si teñen moita demanda poderase subir o precio. Do importe total da venta se vos reserva a cada artista o 10%. E decir que namentras se vendan as pezas a 200, eiquí, nos libros da Empresa, se vos habre unha contiña ó voso nome, e por cada unha se vos abonan 20 pesetas. Hai que contar conque tardarase anos en vender toda a serie, pro inda non están postas a venda e xa temos encarrego de varias coleuciós. Verei de mandarche uns cantos exemprares non ben enceten a outerse mais.
Fago canto podo por outerche cousas que podan intresarche pra a Revista, pro a xente está tan atarefada que non hai maneira de facela traballar en outra cousa que non sexa gañar o pan noso de cada dia. Votándolle isto en cara a un que che ten pormetido un traballo decíame: “o diñeiro agora non val ren pro vóltase un tolo pra gañar ise diñeiro” i-elo é certo e desesperante. As dificultades económicas é sempre o home da rua o que ten que apeitar con elas por iso ten moito de parvo quen se adica a faguer solitarios e non se preocupa mais que do seu solitario porque as demais cousas do mundo non lle intresan. Cando un veciño do rueiro fai festa a pagan tpdol’os veciños queran ou non.
Non te esquezas que teñen pedido que lle enviedes unha coleución da revista a bibrioteca da Academia Galega. Mándalle tamén un númaro os familiares de Cebreiro. As fotografías que lle deixei a Valentin tardaron un pouquiño mais do que eu coidaba en sair de Vigo, agora xa van pol’o mar. ¡I-eu que as deixei en Vigo pensando que te chegarían denantes!

Fondas lembranzas dos meus pra ti e Maruxa. Tensas apertas miñas pra ti e mais pra ela.

Isaac

Ficha documental [Imprimir]
  • Forma parte do conxunto:
  • Fondo: Luís Seoane depositado na Fundación Luís Seoane.
  • Colección: Isaac Díaz Pardo e Luís Seoane
  • Data:
    21/03/1957
  • De:
    Isaac Díaz Pardo
  • Para:
    Luís Seoane
  • Orixe:
    O Castro [parr. Osedo, conc. Sada]
  • Destino:
    Bos Aires
  • Ficha descriptiva:
    [Carta mecanografada con firma autógrafa]
  • Localización física:
    Fundación Luis Seoane
  • Notas:
  • Termos clave: